AMEEA
Presencial, Telemático
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Vivenda, Subvencións e axudas á vivenda, Rehabilitación
Si
Ten por obxecto a convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva para mellorar a eficiencia enerxética e ao accesibilidade en edificios, e outras de conservación en edificios de vivendas cunha antigüidade maior a 50 anos, a través das seguintes actuacións:
Serán subvencionables os seguintes tipos de obra:
Axudas para a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas 2021
Dende o 16/12/2019 ata o 15/02/2021
As Comunidades de Propietarios e cada un dos propietarios en proporción á súa cota de participación no inmoble nas obras sobre os elementos comúns do edificio.
O propietario ou o ocupante con autorización deste, nas obras en vivendas.
Os promotores, no caso de rehabilitación integral dun edificio non ocupado cando se destine ao seu domicilio habitual, a entidades benéficas sen fins de lucro, ou a vivendas cualificadas como vivenda protexida de réxime xeral destinada a alugueiro protexido.
Achegar a documetación requirida
Ningún
A Xunta de Goberno Local, ou o Concelleiro delegado da área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade cando a subvención teña un importe de ata sesenta mil euros (60.000,00 €).
Contía das subvencións:
O importe máximo das axudas establecerase segundo o indicado no artigo 8º da Ordenanza Municipal Reguladora.
Custo subvencionable
O custo subvencionable é o custo das obras, que non poderá superar os custos medios de mercado. Incluirán tamén os honorarios profesionais técnicos e administrativos que interveñan. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos taxas e tributos.
Criterios de valoración das solicitudes
Normativas relacionadas
Documentación xeral:
Solicitude: Solicitude de concesión de axuda. (MODELO 01 "Instancia de Solicitude": cubrir e achegar só no caso de tramitación presencial. Se se tramita telematicamente, os datos deste modelo xa están incluídos no formulario web).
Declaración responsable (MODELO 02): Declaración responsable e autorización/non oposición a consulta de datos, pola propiedade do inmoble ou o seu representante no caso de comunidades de propietarios/bens. (MODELO 02: cubrir e achegar só no caso de tramitación presencial. Se se tramita telematicamente, os datos deste modelo xa están incluídos no formulario web)
Declaración responsable e autorización datos fiscais (MODELO 03): Declaración responsable e autorización/non oposición a consulta de datos, das persoas que fagan parte de comunidades de propietarios/bens (MODELO 03).
Certificados de estar ao corrente : Certificados de estar ao corrente das obrigas fronte á Seguridade Social e/ou a Axencia Tributaria e o Concello da Coruña, no caso daquelas persoas que se opoñan ou non autoricen ditas consultas polo órgano instrutor.
Certificado bancario: Certificado emitido pola entidade bancaria no que conste o número de conta IBAN a nome da persoa beneficiaria.
Nota simple Rexistro dá propiedade: Notas simples informativas do Rexistro da Propiedade nas que figure a actual propiedade de todos os inmobles para os que se solicite subvención, ou xustificante emitido polo Rexistro da Propiedade de solicitar a súa inscrición.
Documento identificativo DNI/NIF: DNI/NIE/CIF da persoa solicitante, e da persoa representante cando sexa necesario
Documentación acreditativa domicilio habitual: Documentación acreditativa de constituír domicilio habitual das vivendas que non estean habitadas polos seus propietarios, a efectos de acreditar o cumprimento do artigo 3.3 da Ordenanza Municipal Reguladora
Documentación xeral técnica:
Memoria técnica: No caso de non estar recolleito na documentación da licenza deberase presentar unha memoria técnica coa descrición das obras para realizar, fotografías do estado actual e xustificación da necesidade rehabilitadora.
Orzamentos: Orzamento aprobado da obra elaborado por empresa/s contratista/s, desagregado por partidas, medicións e prezos unitarios.
Orzamentos comparativos: Orzamentos comparativos. Cando o orzamento ascenda a unha cantidade maior de 40.000 € + IVE deberanse presentar como mínimo outros dous orzamentos comparables entre si e co orzamento elixido.
Memoria técnica xustificativa: Memoria técnica xustificativa cando o orzamento elixido non sexa o máis económico xustificándose a súa elección en base a criterios de eficiencia e enerxía.
Cadro resumo: Cadro resumo dos importes que formen parte do custo subvencionable da actuación.
Elementos comúns:
Documentos identificativos CIF: Documento acreditativo do CIF da Comunidade (no caso de representante debe acompañarse tamén o DNI/NIE)
Certificación acordo CP: Certificado do acordo da CP emitida pola secretaría, co seguinte contido:
Certificado porcentaxe participación: Certificado asinado pola secretaría da comunidade de propietarios, coa relación de propietarios (Nome, DNI, Piso/Local) e a porcentaxe de participación de cada vivenda no custo total da obra para a que se solicita a subvención.
Documentación acreditativa situación das persoas: Documentación acreditativa da situación das persoas (discapacidade, mobilidade, idade) e do seu domicilio habitual cando sexa necesario, a ter en conta na fase de clasificación das actuacións de accesibilidade.
Obras en vivendas:
Declaración responsable membros (MODELO 04): Declaración responsable das persoas que integran a unidade familiar, e autorización de consulta de nivel de renda (MODELO 04)
Declaración da renda: Declaración da renda do exercicio anterior de cada titular e de todos os integrantes da unidade familiar ou na súa ausencia, certificado de imputación do IRPF emitido pola Axencia Tributaria, no caso daquelas persoas que non autoricen a súa solicitude polo órgano instrutor.
Autorización do propietario: Autorización do propietario do inmoble, no caso de que o solicitante da subvención non sexa o propietario.
Documentación acreditativa situación das persoas: Documentación acreditativa da situación das persoas (discapacidade, mobilidade, idade) e do seu domicilio habitual cando sexa necesario, a ter en conta na fase de clasificación das actuacións de accesibilidade
Axudas adicionais:
Declaración responsable membros (MODELO 04): Declaración responsable das persoas que integran a unidade familiar, e autorización de consulta de nivel de renda (MODELO 04).
Declaración da renda: Declaración da renda do exercicio anterior de cada titular e de todos os integrantes da unidade familiar ou na súa ausencia, certificado de impu-tación do IRPF emitido pola Axencia Tributaria, no caso daquelas persoas que non autoricen a súa solicitude polo órgano instrutor.
Volante colectivo de empadronamento: Volante colectivo de empadroamento, no caso de estar empadroado noutro concello.
Documentación xustificativa
Xustificante execución obra (MODELO 05): Xustificación da execución da obra (MODELO 05).
Certificado final: Certificado fin de obra asinado polo técnico/a responsable. No caso de obras sen dirección técnica declaración responsable de executalas, asinada polo solicitante e a/empresa/s contratista/s.
Reportaxe fotográfica: Reportaxe fotográfica que recolla a totalidade das obras executadas, no caso de existir responsable técnico da súa execución, deberá vir asinada por el.
Memoria económica: Memoria económica xustificativa do custo das actuacións, co contido sinalado no artigo 7, apartado 6, da convocatoria.
Memoria técnica: Memoria técnica xustificativa de alcanzar os parámetros mínimos establecidos segundo a intervención proposta
Documentos relacionados
No caso de que se tramite a solicitude de maneira presencial, deberase presentar obrigatoriamente a Instancia de Solicitude (Modelo 01), a Declaración responsable e autorización de consulta de datos (Modelo 02), a Declaración responsable e consulta de datos de persoas integrantes da Comunidade de Propietarios (Modelo 03) e a Declaración responsable dos membros da unidade familiar (Modelo 04). O Modelo 05 (Xustificación da execución da obra) só se presentará xunto coa solicitude se xa está finalizada a obra nese momento.
Os suxeitos que non se atopen obrigados á presentación da solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, deberán presentar a documentación no Rexistro do Concello da Coruña, ou nalgún dos lugares dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de1 de outubro (vide apartado Onde se fai)
No caso de que a solicitude se tramite electronicamente, deberase cubrir a información do formulario web ao que se accede premendo o botón ENVIAR da lapela PRESENTACIÓN. Non será necesario achegar á solicitude os Modelos 01 (Instancia de solicitude) e Modelo 02 (Declaración responsable e autorización de consulta de datos), pois o seu contido xa está recollido no formulario web.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para completar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1242
O prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de 6 meses que se contarán desde o día seguinte a que finalice o prazo para presentar as solicitudes.
Desestimatorio
Corrección
Durante a tramitación interna das peticións poderase solicitar a presentación de documentacion que non fose entregada coa solicitude inicial, e que se deberá achegar utilizando este trámite da Sede Achega de documentación
Xustificación
No seu momento haberá que xustificar o gasto efectivamente realizado. Esta xustificación realizarase a través deste trámite da sede (Xustificación execución obras Axudas para a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas)
Recursos
Contra a resolución que se dite, poderase interpoñer:
- Recurso potestativo de reposición
- Recurso contencioso-administrativo
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible