ÁREA DE MÚSICA E MOVEMENTO (de 4 a 7 anos)
Contido:
Nesta área introdúcese o alumnado máis pequeno na aprendizaxe da música dende un enfoque lúdico, auditivo e intuitivo, ademais de poñer en valor a educación inclusiva e a solidariedade entre o grupo. A metodoloxía empregada da EMM baséase nunha práctica grupal con instrumental orff, particularmente xilófonos e metalófonos cromáticos, co que se fomenta así a creatividade e o desenvolvemento das aptitudes de todo o alumnado.
Horarios:
Son dous días á semana, en horario das 15.30 ás 19.30 horas, de luns a xoves. As clases terán unha hora de duración.
Nota: para abrir o grupo das 15.30 horas, necesítase un mínimo de 7 alumnos/as por clase.
Práctica Instrumental:
O alumnado que cursase polo menos un ano de Música e Movemento connosco, e cumpra 6 ou 7 anos antes do 31 de decembro de 2024, poderá acceder a unha hora de práctica instrumental, naqueles instrumentos nos que existan prazas vacantes, e seguindo os criterios de adxudicación establecidos.
Matrícula:
Poderán realizala en Música e Movemento, aqueles alumnos e alumnas que cumpran de 4 a 7 anos, antes do 31 de decembro de 2024.
ÁREA XERAL (de 8 anos en diante): Clásica, Tradicional, Jazz e Moderna
Contido:
AGRUPACIÓN: A materia de agrupación céntrase na interpretación en grupo de diverso repertorio onde o alumnado poida desenvolver os coñecementos adquiridos co seu instrumento fomentando o traballo en equipo e a solidariedade entre todos os compoñentes, motivando a improvisación e a creación propia e sendo un marco exemplificativo de inclusión.
INSTRUMENTO: Na especialidade de instrumento traballarase de maneira progresiva a técnica, adaptándose sempre ao nivel do alumnado e reforzando a lectura musical sen esquecer que o alicerce fundamental sobre o que traballa a EMM é a práctica en grupo.
LINGUAXE MUSICAL: Como o seu propio nome indica nesta materia abordaremos os contidos e ferramentas necesarias para comprender e gozar de toda a linguaxe que integra a música: lectura melódico-rítmica, educación auditiva e vocal, harmonía, improvisación, análise...
Instrumentos:
Acordeón, Canto clásico, canto moderno, Clarinete, Frauta, Saxofón, Gaita, Percusión latina, Percusión tradicional, Batería, Guitarra clásica, Guitarra eléctrica, Baixo eléctrico, Piano, Violín, Viola, Violoncelo, Contrabaixo.
Horarios:
Opción 1 (de luns a xoves)
Opción 2 (só os venres)
OBRADOIROS
O alumnado que queira asistir realizará unha entrevista previa coas persoas responsables do taller.
22/11/2024
27/11/2024
TELÉFONO: 981 226 752
CORREOS ELECTRÓNICOS:
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal
Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas
Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
Administración: das 09.00 ás 21.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible