Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escola Municipal de Música da Coruña

Enderezo:

Rúa Torre 67. 15002 A Coruña

Teléfono:

981 226 752

Páxina web:

http://www.coruna.gal/emm/

Horario:

· Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

· Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas (os xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

· Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Centro deseñado para satisfacer as inquietudes musicais, desde o punto de vista educativo e cultural, do maior número posible de cidadáns e cidadás.

A Escola Municipal de Música da Coruña nace o 22 de novembro de 1998 e foi inaugurada polo que era por aquel entón alcalde da Coruña, Francisco Vázquez Vázquez. A Escola Municipal de Música é un centro deseñado para satisfacer as inquietudes musicais, dende o punto de vista educativo e cultural, do maior número posible de cidadáns e cidadás.

Nos seus plans de estudos ten cabida alumnado de todas as idades e comeza a partir dos catro anos. A súa flexibilidade permítelle integrar un alumnado con diferentes intereses e capacidades e abarca ao mesmo tempo estilos musicais diversos.

Desde o curso 2002-2003 o alumnado da Escola Municipal de Música está a ofrecer concertos fóra dos muros do recinto que lle serven para poñer en práctica, ante o público, o aprendido nas clases.

Con frecuencia o alumnado da Escola participou e participa en distintos certames e concursos convocados polas institucións para fomentar o desenvolvemento da música.

Áreas de estudo

ÁREA DE MÚSICA E MOVEMENTO (de 4 a 7 anos)

Contido:

Nesta área introdúcese o alumnado máis pequeno na aprendizaxe da música dende un enfoque lúdico, auditivo e intuitivo, ademais de poñer en valor a educación inclusiva e a solidariedade entre o grupo. A metodoloxía empregada da EMM baséase nunha práctica grupal con instrumental orff, particularmente xilófonos e metalófonos cromáticos, co que se fomenta así a creatividade e o desenvolvemento das aptitudes de todo o alumnado.

Horarios:

De luns a xoves, en horario das 16.30 ás 19.30 horas

As clases terán unha hora de duración, e escolleranse dous días á semana.

Práctica Instrumental:

O alumnado que cursase polo menos un ano de Música e Movemento connosco, e cumpra 6 ou 7 anos antes do 31 de decembro de 2022, poderá acceder a unha hora de práctica instrumental, naqueles instrumentos nos que existan prazas vacantes, e seguindo os criterios de adxudicación establecidos.

Matrícula:

Poderán realizala en música e movemento, aqueles alumnos e alumnas que cumpran de 4 a 7 anos, antes do 31 de decembro do 2022.

ÁREA XERAL (de 8 anos en diante): Clásica, Tradicional, Jazz e Moderna

Contido:

AGRUPACIÓN: a materia de agrupación céntrase na interpretación en grupo de diverso repertorio onde o alumnado poida desenvolver os coñecementos adquiridos co seu instrumento fomentando o traballo en equipo e a solidariedade entre todos os compoñentes, motivando a improvisación e a creación propia e sendo un marco exemplificativo de inclusión.

INSTRUMENTO: na especialidade de instrumento traballarase de maneira progresiva a técnica que se adaptará sempre ao nivel do alumnado e reforzarase a lectura musical sen esquecer que o piar fundamental sobre o que traballa a EMM é a práctica en grupo.

LINGUAXE MUSICAL: como o seu propio nome indica nesta materia abordaremos os contidos e as ferramentas necesarias para comprender e gozar de toda a linguaxe que integra a música: lectura melódico-rítmica, educación auditiva e vocal, harmonía, improvisación análise etc.

Instrumentos:

Acordeón, Canto clásico, Canto moderno, Clarinete, Frauta, Saxofón, Gaita, Percusión latina, Percusión tradicional (só venres), Batería, Guitarra clásica, Guitarra eléctrica, Baixo eléctrico, Piano, Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo.

Horarios:

Opción 1 (de luns a xoves)

  • Luns: linguaxe musical
  • Martes ou mércores: instrumento
  • Xoves: agrupación

Opción 2 (só os venres)

  • Dar as tres materias o venres.
  • Só dispoñible en: gaita, piano, guitarra eléctrica, batería, canto lírico, saxofón, percusión tradicional e acordeón

TALLERES

O alumnado que queira asistir, realizará unha entrevista previa co persoal responsable do taller.

  • CORO ADULTOS: xoves das 20.30 ás 21.30 h
  • CORO MODERNO: mércores das 18.30 ás 19.30 h
  • CORO INFANTIL: venres das 17.30 ás 18.30 h
  • BANDA DE GAITAS: xoves das 18.30 ás 19.30 h
  • VOZ E PERCUSIÓN TRADICIONAL: venres das 18.30 ás 19.30 h
  • CO RITMO NAS MANS: xoves das 19.30 ás 20.30 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión