Concello da Coruña

Concello da Coruña

Áreas de estudo

ÁREA DE MÚSICA E MOVEMENTO (de 4 a 7 anos)

Contido:

Nesta área introdúcese o alumnado máis pequeno na aprendizaxe da música dende un enfoque lúdico, auditivo e intuitivo, ademais de poñer en valor a educación inclusiva e a solidariedade entre o grupo. A metodoloxía empregada da EMM baséase nunha práctica grupal con instrumental orff, particularmente xilófonos e metalófonos cromáticos, co que se fomenta así a creatividade e o desenvolvemento das aptitudes de todo o alumnado.

Horarios:

Son dous días á semana, en horario das 15.30 ás 19.30 horas, de luns a xoves. As clases terán unha hora de duración.

Nota: para abrir o grupo das 15.30 horas, necesítase un mínimo de 7 alumnos/as por clase.

Práctica Instrumental:

O alumnado que cursase polo menos un ano de Música e Movemento connosco, e cumpra 6 ou 7 anos antes do 31 de decembro de 2024, poderá acceder a unha hora de práctica instrumental, naqueles instrumentos nos que existan prazas vacantes, e seguindo os criterios de adxudicación establecidos.

Matrícula:

Poderán realizala en Música e Movemento, aqueles alumnos e alumnas que cumpran de 4 a 7 anos, antes do 31 de decembro de 2024.

ÁREA XERAL (de 8 anos en diante): Clásica, Tradicional, Jazz e Moderna

Contido:

AGRUPACIÓN: A materia de agrupación céntrase na interpretación en grupo de diverso repertorio onde o alumnado poida desenvolver os coñecementos adquiridos co seu instrumento fomentando o traballo en equipo e a solidariedade entre todos os compoñentes, motivando a improvisación e a creación propia e sendo un marco exemplificativo de inclusión.

INSTRUMENTO: Na especialidade de instrumento traballarase de maneira progresiva a técnica, adaptándose sempre ao nivel do alumnado e reforzando a lectura musical sen esquecer que o alicerce fundamental sobre o que traballa a EMM é a práctica en grupo.

LINGUAXE MUSICAL: Como o seu propio nome indica nesta materia abordaremos os contidos e ferramentas necesarias para comprender e gozar de toda a linguaxe que integra a música: lectura melódico-rítmica, educación auditiva e vocal, harmonía, improvisación, análise...

Instrumentos:

Acordeón, Canto clásico, canto moderno, Clarinete, Frauta, Saxofón, Gaita, Percusión latina, Percusión tradicional, Batería, Guitarra clásica, Guitarra eléctrica, Baixo eléctrico, Piano, Violín, Viola, Violoncelo, Contrabaixo.

Horarios:

Opción 1 (de luns a xoves)

  • Luns: linguaxe musical
  • Martes ou mércores: instrumento
  • Xoves: agrupación

Opción 2 (só os venres)

  • Dar as tres materias o venres.
  • Só dispoñible en: gaita, piano, guitarra eléctrica, batería, canto lírico, saxofón e percusión tradicional.

OBRADOIROS

O alumnado que queira asistir realizará unha entrevista previa coas persoas responsables do taller.

  • Coro persoas adultas: xoves das 20.30 ás 21.30 h
  • Coro moderno: mércores das 18.30 ás 19.30 h
  • Pequenos cantores: xoves das 17.30 ás 18.30 h
  • Banda de gaitas: xoves das 18.30 ás 19.30 h
  • Voz e percusión tradicional: venres das 18.30 ás 19.30 h

PRÓXIMOS EVENTOS

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión