MATRICULA:
MATRÍCULA | TARIFA |
---|---|
XENERAL | 71,61 € |
A taxa de matrícula unicamente ten carácter de reembolsable nos seguintes casos:
- que se abonou por erro, podéndose acoller á exención por irmáns menores de 18 anos e empadroados no Concello da Coruña.
- ou que por causas imputables á Escola Municipal de Música, o Centro non puidese ofrecer o servizo.
Para proceder á súa devolución, é necesario cubrir o seguinte documento: Instancia Xeral, no que é necesario indicar:
- o motivo que xera dita solicitude
- IBAN completo onde se quere recibir o ingreso do importe correspondente
- achegar o xustificante do ingreso de matrícula .
Como calquera trámite administrativo co Centro, pódese realizar de forma presencial, ou ben a través da Sede electrónica do Consorcio para A Promoción da Música.
MENSUALIDADES:
MENSUALIDADES | ESPECIALIDADES | TARIFAS |
---|---|---|
MÚSICA E MOVEMENTO 2 horas/semana | Sen práctica instrumental | 45,58 € |
Con práctica instrumental* 3 horas/semana | 57,76 € | |
XENERAL 3 horas/semana | Linguaxe musical, agrupación e instrumento | 58,32 € |
TALLERES 1 hora/semana | Talleres durante o curso | 25,44 € |
* Unicamente poderán elixir instrumento os alumnos que formalicen a súa matrícula interna e cumpran 6 ó 7 anos antes do 31 de decembro de 2025.
Consulta a ORDENANZA MUNICIPAL DE TAXAS ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
EXENCIÓN DE MATRÍCULA E REDUCIÓN DE TAXAS:
Exención de matrícula:
Aqueles irmáns menores de 18 anos e empadroados no Concello da Coruña, abonarán unha soa matrícula de 71,61 euros.
Redución de taxas:
A quen vai dirixido: Alumnado menor de 18 anos ou persoas xubiladas, empadroados no Concello da Coruña, con ingresos anulares netos menores de 3.971€ por cada membro da unidade familiar.
Taxas reducidas:
Documentación a entregar:
Nos casos de situacións familiares distintas das expostas, ou de dubidosa concreción, poderase solicitar documentación complementaria.
Estes documentos que se solicitan teñen que ser orixinais, e en ningún caso poden ser substituídos por copias.
Períodos de entrega da documentación:
A documentación haberá que entregala de forma presencial nas oficinas da Escola Municipal de Música ou ben a través da Sede electrónica do Consorcio.
Como presentar a documentación:
- de forma presencial nas oficinas da Escola: xunto coa documentación requirida, é necesario traer debidamente cuberta a instancia de solicitude correspondente. Deixámosvos aquí a ligazón: DESCARGAR.
- ou ben por Sede electrónica do Consorcio do Consorcio, Neste caso o trámite para realizar electronicamente, está catalogado como "Instancia Xeral (Escola Municipal de Música)". Lembrade que é imprescindible achegar a documentación necesaria para a solicitude de redución de taxas.
Nota importante:
Unha vez preséntese toda a documentación e sexa examinada polo órgano competente do Consorcio para a Promoción da Música, procederase á comunicación da concesión ou desistimiento da mesma.
Tras a resolución e comunicación da aceptación da reducción de taxas, devolveranse as cantidades abonadas de máis, ata a data, e será de aplicación no seguinte recibo bancario.
TELÉFONO: 981 226 752
CORREOS ELECTRÓNICOS:
DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal
XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal
ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal
Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas
Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)
Administración: das 09.00 ás 21.00 horas
Mapa da Escola:
· Aulas: AQUÍ.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible