Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Escola Municipal de Música da Coruña, foi inaugurada polo Excmo. Concello da Coruña, o 22 de novembro de 1998; coa finalidade de achegar todo tipo de música aos cidadáns, tanto do municipio como dos seus arredores.

Ao longo desta traxectoria educativa, a Escola contou cunha media de 650 alumnos por curso académico, con idades desde os 4 anos en diante; todos con diferentes intereses, gustos musicais e capacidades, pero todos coas mesmas ganas de aprender música. Para iso, a Escola conta con diversas áreas:

- Música e Movemento (adaptado a nenos entre 4 e 7 anos)

- Área Xeral (a partir de 8 anos) que se divide en: Clásica, Jazz, Moderna e Tradicional

A Escola ten catro obxectivos:

1) Conseguir a máxima participación cidadá, co maior número posible de estilos musicais

2) Achegar a música a todos os sectores sociais

3) Prestar o soporte e a guía necesaria para a aprendizaxe

4) Seguir o lema de Música "para todos"

Ao longo destes anos, a Escola animou e impulsou aos seus alumnos para participar en certames e concursos convocados polas institucións, para fomentar o desenvolvemento da música. É a partir do 2001, cando se empezaron a ofrecer concertos fose do Centro, dándolle así aos alumnos, a oportunidade de mostrar ao público o aprendido nas aulas, tocando en directo. O noso alumnado, xunto co profesorado, chegou a tocar nun gran número de centros, teatros e auditorios, en toda Galicia. Mesmo, chegando aos escenarios de diversas cidades de España e Portugal.

Como exemplo de actuacións, poderiamos citar aos alumnos de Música Tradicional no "Concurso de Música Tradicional Xiradela", a Jazz Emsemble na "Mostra Musical do Eixo Atlántico ", o Coro con concertos de ámbito nacional, as Agrupacións de Moderna tocando por diversos puntos da cidade e no Festival de Intercentros, as Agrupaciociones de Música e Movemento participando en eventos nas bibliotecas municipais e as Agrupacións Tradicionais tocando en certames da cidade.

No mes de xullo do ano 2000 celebrouse o primeiro Seminario de Jazz na Cidade da Coruña, organizado pola Escola, e co obxectivo de crear un encontro entre destacados profesionais nacionais e estranxeiros, con afeccionados e músicos locais.

A Escola Municipal de Música da Coruña, é un centro de ensinos non regrados que, por tanto, dispón de autonomía para deseñar a súa organización educativa e administrativa, tendo presentes as condicións socioeconómicas e culturais da súa contorna, sempre contando co apoio e directrices, tanto do Concello da Coruña como do Consorcio para a Promoción da Música

PRÓXIMOS EVENTOS

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión