25 de octubre de 2024
O Obradoiro dual de emprego “CULLEREDO ACTIVO III” é promovido polo Concello de Culleredo e o Concello da Coruña
A finalidade do Obradoiro Dual de Emprego denominado "CULLEREDO ACTIVO III", é realizar melloras nos obradoiros do Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso" e a impermeabilización da Casa dos Legoeiros
O obradoiro terá unha duración de 9 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as. As persoas traballadoras serán contratadas, baixo a modalidade de contrato de traballo para a formación e aprendizaxe e percibirán as retribucións que lles correspondan de conformidade co previsto na normativa vixente.
Atendendo ó establecido na cláusula segunda do convenio de colaboración subscrito entre o Concello da Coruña e o Concello de Culleredo para a realización deste programa, participará alumnado de ámbolos dous concellos, seleccionándose 14 alumnos/as do Concello de Culleredo, e 6 alumnos/as do Concello da Coruña.
As especialidades a impartir son as seguintes.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible