Accede ao servizo de orientación a través dun asesoramento grupal.
Para poder participar neste taller hai que solicitalo anticipadamente chamando ao Centro Municipal de Emprego ao 981 184 399, a través do báner "solicita unha entrevista" nesta web ou persoalmente na conserxería do Centro Municipal de Emprego dos Rosales.
A inscrición realizarase por orde de entrada da devandita solicitude.
No taller falarase sobre os recursos do Servizo Municipal de Emprego: itinerarios de inserción, formación para o emprego, intermediación laboral e procura de emprego por conta propia ou por conta allea. Incluiranse tamén as explicacións necesarias sobre os novos Certificados de Profesionalidade (RD 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os Certificados de Profesionalidade) e o proceso de recoñecemento da experiencia profesional (RD 1224/2009, do 17 de xullo de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral).
A duración do taller será aproximadamente de 2 horas.
Poderás solicitar unha entrevista de orientación a través dunha cita individual co persoal técnico de orientación do Servizo Municipal de Emprego. O establecemento da cita para a entrevista realízase a través de chamada telefónica desde o Servizo á persoa interesada.
Acollida: Servirá para acoller inicialmente á persoa, establecer as bases da relación e explicarlle o sistema de orientación do SME. Nesta fase realízase a exploración das expectativas, metas e necesidades da persoa entrevistada. Recollerase a documentación solicitada na concertación da entrevista (copia deDNI/NIE, copia do cartón de demanda de emprego e C.V. e vida laboral se dispón das mesmas).
Diagnóstico: Realizarase a exploración do contexto formativo, profesional e persoal:
Unha vez finalizada esta fase o persoal orientador valorará:
A duración de Ia entrevista non será superior a 1 hora. No caso de que sexa necesario máis tempo o Orientador/para proporcionará ao usuario/a unha nova cita.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible