9 de mayo de 2024
O alumnado-traballador do programa de emprego “Unha ventá ao porto medieval da Coruña” realiza unha actividade este 9 de maio para celebrar o Día de Europa.
Dita actividade consiste na elaboración do mapa de Europa con fíos, sendo os contornos dos países ou fronteiras de cor verde, e o interior dos mesmos da cor correspondente ás bandeiras de cada un.
Para completar o mural, engádese unha cita de Audre Lodre que di: "No son diferencias las que nos dividen. Es nuestra incapacidad para reconocer, aceptar y celebrar esas diferencias", que reforza a interpretación do mapa. O obxectivo a reflectir é a unión pero á vez fraxilidade entre os países que conforman Europa.
O traballo feito pola especialización de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais inclúe as bandeiras de cada país. Estas pódense mover e dar lugar así a un xogo interactivo para aprender aquelas non coñecidas e acertar as posicións das mesmas nos países aos que corresponden.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible