Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de junio de 2024

Unha alumna-traballadora do Programa de Emprego 'Unha ventá ao porto medieval da Coruña', da especialidade de fotografía, obtivo o segundo premio do concurso de fotografía da natureza da Torre de Hércules

Fotografiando a Natureza na Torre de Hércules.

O pasado 1 de xuño tivo lugar o concurso de fotografía da natureza da Torre de Hércules, organizado polo Grupo Naturalista Hábitat en colaboración co Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña. A iniciativa, aberta á participación cidadá, xorde coa finalidade de facer visible a fauna, a flora e os hábitats do espazo natural simbólico e emblemático da cidade.

Nino Kelberashvili, alumna-traballadora do Programa de Emprego "Unha ventá ao porto medieval da Coruña" da especialidade de fotografía, obtivo o segundo premio coa súa obra "A liberdade". Nela capturou a esencia da natureza no seu estado máis puro, reflectindo unha poderosa sensación de liberdade e harmonía entre a natureza e a historia. O paxaro, en pleno voo, reflicte a vitalidade e a liberdade da fauna local, mentres a torre coa súa impoñente presenza, expresa a perdurabilidade e o carácter robusto deste monumento milenario.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión