VISIBILIZA-T, TRANSformando A CORUÑA
Case 50 anos despois do nacemento do movemento LGBTQI en Stonewall (NY), as accións pola visibilidade e a defensa dos dereitos e liberdades afectivo-sexuais seguen a ser necesarias.
Co obxectivo de TRANSformar A Coruña, facendo desta unha cidade na que ningunha persoa sexa obxecto de discriminación pola súa expresión de xénero, identidade ou orientación sexual, dende a Concellaría de Igualdade e Diversidade presentamos a programación do Orgullo 2018, produto dun traballo colectivo con Amizando e ALAS A Coruña, asociacións LGBTQI da cidade.
Baixo o lema "Visibiliza-T", desexamos amosar o noso recoñecemento polas loitas das persoas trans, pola súa coraxe, resistencia e traballo pola despatoloxización das súas identidades, convidando a toda a veciñanza a implicarse activamente no cambio social liderado polos colectivos LGBTQI.
II Edición do Concurso de Fotografía Orgullo LGTBQI #VisibilizaT
Do 6 de xuño ao 2 de xullo participa e aspira a gañar un lote de libros!!! Comparte as túas imaxes pola visibilidade e o recoñecemento dos dereitos e liberdades afectivo-sexuais en Instagram empregando o cancelo #visibilizaT. Máis información nas bases do concurso
Outra información de interese:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible