Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña
A partir de outubro, o Espazo Diverso volve ao Centro Cívico Cidade Vella.
981189889
Verán (desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro): Luns a venres, de 09.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas.
Resto do ano: luns a venres, de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas.
O centro permanecerá pechado os sábados, domingos e festivos sinalados no calendario de festas laborables de ámbito local, autonómico e nacional.
Para a atención presencial en oficina débese solicitar cita previa a través do teléfono ou e-mail.
O Espazo Diverso é un recurso publico dirixido a todas as persoas lésbicas, gais, trans, bisexuais, intersexuais, queer e asexuais, ás súas familias e ás entidades LGTBIQA+ da cidade.
Desde o Espazo traballamos por visibilizar as diferentes identidades, expresións de xénero e orientacións sexuais, a través de diversas accións dirixidas á prevención e eliminación dos factores causantes de situacións de desigualdade e discriminación que lles afectan ás persoas LGTBIQA+.
Nunha contorna próxima e acolledora, ofrécense servizos de atención directa e especializada. Proporcionamos información actualizada sobre os teus dereitos, recursos dispoñibles, a axenda de actividades LGTBIQA+ da cidade e das actividades do Espazo Diverso.
Próximas actividades
O grupo é un espazo seguro e de encontro que funciona como instrumento de orientación, como soporte emocional, e para favorecer o empoderamiento de acódelas usuarias. As reunións son quincenais, para unirche contacta por teléfono ou por e-mail .
Obradoiro "Acompañar na diversidade: familias diversas, contornas de apoio"
Este taller busca formar e sensibilizar a nais, pais e demais persoas que conforman en contorna familiar das persoas LGTBIQA+ en diversidade sexo-afectiva e familiar. Fomentando a valoración das persoas, o dereito á diferenzas e ás relacións respectuosas e saudables libres de violencias LGTBIfóbicas.
Queres conectar co teu lado creativo e artístico experimentando a través da acuarela?
Neste taller con Leidy Silva vas aprender técnicas de acuarela explorando novas formas de expresión para desenvolver a túa autenticidade e expresión persoais.
¡Participa!
¿Gústache o Vogue?
O vogue é un estilo de performance que fomenta a autoaceptación e a reivindicación do corpo e a identidade.
Este taller con Alexandra Marte (cantante e educadora) céntrase na exploración das emocións a través do corpo, utilizando o vogue como ferramenta principal de expresión.
Participa e conecta coa túa corporalidade de maneira libre e independente!
¿Gústache a lectura e compartir ideas con outras persoas?
Neste club descubrirás lecturas que falan do colectivo LGTBIQA+ e coas que reflexionar sobre a súa realidade.
Neste taller con Marta Pernas (traballadora eco-social) descubrirás como promover o autoconocimiento, o bo trato e a resiliencia colectiva para enfrontar a crise sistémica desde unha perspectiva sa e inclusiva
¿Que faremos?
¡Anímache e participa!
Obradoiro "As voces da diversidade: percorrido poético-activo pola realidade LGTBIQA+"
Úneche a este espazo creativo e seguro onde Maitane Vicente Mariño (traballadora social) faranos reflexionar sobre as realidades LGTBIQA+, promovendo o benestar colectivo e o espírito crítico.
Neste taller imos traballar desde unha perspectiva crítica para promover a inclusión, combater os discursos de odio e fortalecer o sentimento de pertenza.
¿Que faremos?
¡Anímache e participa!
Accesibilidade
Módulo de aseo adaptado/practicable, zona de descanso/espera e rampla de acceso adaptada/practicable.
Actividades
Equipamentos comúns
Espazos/Locais
Denominación e uso | Superficie e aforamento | Equipamento especifico | Accesibilidade | Reservable |
---|---|---|---|---|
Sala de usos múltiples Aula de usos múltiples | 63.42 m2 (24 persoas) |
| Consultar | Se (*) |
Salón de actos Salón de actos de usos múltiples | 63.42 m2 (50 persoas) |
| Consultar | Se (*) |
(*) Chamar ao centro para consultar dispoñibilidade
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible