Concello da Coruña

Concello da Coruña

Corresponsabilidade

A corresponsabilidade refírese a unha responsabilidade compartida e asumida por igual entre as partes; trátase dun equilibrio na repartición de tarefas, toma de decisións e responsabilidades entre as persoas. Cando a dita repartición non se establece en condicións de igualdade entre mulleres e homes, a distribución desigual de recursos -monetarios, materiais e de tempos-, oportunidades e dereitos provoca situacións de discriminación.

A corresponsabilidade implica unha mellor conciliación da vida persoal, familiar e laboral e, por iso tamén, unha repartición equilibrada das tarefas domésticas; isto require involucrar os homes na corresponsabilidade da vida laboral, familiar e persoal para que se dea unha repartición equitativa das responsabilidades e unha mellor distribución dos seus tempos.

Este é un cambio importante que necesita reforzarse desde a sensibilización e educación en igualdade para ir eliminando os roles e estereotipos tradicionais que nos atrapan, a homes e a mulleres en tarefas e funcións diferentes colocándonos en posicións de desigualdade económica e social.

Desde a Concellería de Igualdade e Diversidade queremos contribuír a unha maior corresponsabilidade no municipio, ampliando, na medida do posible, a oferta de servizos sociocomunitarios para atender as necesidades básicas favorecendo o cambio de actitudes necesario para unha repartición de responsabilidades en equidade.

A Administración Local e a cidadanía son corresponsables no proceso de construción dun novo modelo de sociedade.

Campaña #CoruñaCorresponsable

Trátase dunha iniciativa do Centro de Información ás Mulleres (CIM Coruña) para visibilizar a necesidade dunha repartición equilibrada dos coidados e tarefas nos ámbitos da vida persoal, familiar e laboral.

A iniciativa #CoruñaCorresponsable quere incidir en...

  • A necesidade dunha organización social corresponsable onde participemos activamente todas e todos.
  • A necesidade de concienciar do beneficio social que supón aplicar a corresponsabilidade en todos os ámbitos da vida diaria, facendo fincapé nos ámbitos doméstico e familiar.
  • A necesidade de educar na corresponsabilidade para o avance e a consecución da igualdade entre mulleres e homes.
  • O feito de que todas as persoas somos seres diversos pero temos unha gran potencialidade para transformar e actuar sobre a sociedade na que vivimos, posibilitando que sexa máis xusta, equitativa e potenciadora das capacidades persoais, sen distinción de xénero; rompendo cos prexuízos que tradicionalmente nos mantiveron en espazos separados, diferenciados e con desigual valor a mulleres e homes.

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión