Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xénero e Feminismo

O xénero, como categoría social, é unha das contribucións máis significativas do feminismo contemporáneo. Esta categoría analítica xurdiu para explicar as desigualdades históricas e culturais entre homes e mulleres.

A aprendizaxe social de como "ser muller" e de como "ser home" realízase en base á percepción de determinadas expectativas respecto do que se interpreta como "o feminino" ou "o masculino", que varían segundo o contexto cultural e histórico, aínda que manteñen unha característica común: o maior valor –social e económico- asignado ao que se considera como masculino respecto ao menor valor do considerado como feminino. Esa característica explica que historicamente aprendesemos a relacionarnos desde posicións sociais de desigualdade.

É importante ter en conta que "o feminino" ou "o masculino" non se refire ao sexo das persoas, senón ás condutas e comportamentos aprendidos socialmente.

Así pois, aplicar a “perspectiva de xénero” implica:

a) Recoñecer as relacións de poder que se dan entre os xéneros, en xeral favorables aos homes como grupo social e discriminatorias para as mulleres.

b) Que ditas relacións foron constituídas social e historicamente e son constitutivas das persoas.

c) Que esas relacións atravesan todo o armazón social e articúlanse con outras relacións sociais, como as de clase, etnia, idade, diversidade funcional ou sensorial, preferencia sexual e relixión.

¿Por que é importante a perspectiva de xénero para a Igualdade e Diversidade?

1) Porque o xénero é unha construción social e histórica (pode variar dunha sociedade a outra e dunha época a outra).

2) Porque o xénero refírese a unha relación social (enmarcada por normas explícitas e implícitas que determinan as relacións entre mulleres e homes).

3) Porque en base ao xénero establécense relacións de poder (que é o que remite ao carácter cualitativo de como son as relacións entre mulleres e homes).

4) Porque se trata dunha relación asimétrica, configurada historicamente en base ao esquema de dominación masculina e subordinación feminina.

5) Porque é transversal (e afecta tamén a outros factores como a idade, estado civil, educación, etnia, clase social, opción sexual, etc).

6) Porque é unha proposta de inclusión e de cambio de modelo de sociedade (que necesariamente provocará cambios nas mulleres e tamén nos homes).

7) Porque é unha procura da xustiza social e distributiva, para a que será necesario facilitar as condicións e que as mulleres accedan ao pleno goce dos seus dereitos humanos e ao exercicio do poder e das súas capacidades (poder crear, poder saber, poder dirixir, poder gozar, poder elixir e ser elixida, poder optar por non ser como historicamente se pensou que deberían ser as mulleres, etc).

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión