O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, presenta a Escola de Benestar e Apoderamento.
Trátase dun recurso dirixido principalmente a mulleres e adolescentes do concello, pero tamén ao conxunto da comunidade educativa. Conxúrase como un espazo de encontro, intercambio e formación onde darlle voz e lugar ao pensamento, ás experiencias e vivencias que teñen como protagonistas ás mulleres.
Conta cun programa de obradoiros formativos presenciais e conversas online que abranguen diferentes eixes temáticos:
• Autocoidado.
• Expresións artísticas.
• Sexualidade.
• Canons, estereotipos e roles.
• Internet e redes sociais.
• Violencias machistas.
•Conversas con mulleres que apoderan.
Os obradoiros presenciais desenvolveranse maioritariamente no Centro de Información ás Mulleres (CIM). Para consultar a localización exacta de cada unha das actividades, pódese consultar o Programa 2023.
Para inscribirte preme na seguinte ligazón.
PARA + INFORMACIÓN
Teléfono: 608 710 978 | Correo: escoladeapoderamento@coruna.gal
21 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible