Concello da Coruña

Concello da Coruña

2023: un orgullo máis grande ca nunca

Este ano, A Coruña está aínda máis orgullosa. Un Orgullo tan grande que non cabe no cartel deseñado para celebrar as festas da comunidade LGTBI na nosa cidade.

As actividades organizadas polo Concello este ano inclúen cinema ao aire libre, exposicións, obradoiros, presentacións de libros, música e, de novo, a feira de entidades LGTBIQ+ que volverá á praza de Lugo o día 15 de xullo.

Ao programa súmanse os concertos do Atlantic Pride, que terán lugar do 2 ao 9 de xullo en tres sedes: a Fundación Luís Seoane, a praza de Pontevedra e os xardíns de Méndez Núñez.

Preme na ligazón para ver o programa completo de actividades e goza da Coruña orgullosa!

Documentos relacionados

  • Programa Orgullo 2023 (293 KB)

Enlaces relacionados

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión