Concello da Coruña

Concello da Coruña

CONVENIO COA ASOCIACIÓN INTEGRAL RESCATE EMERXENCIAS

Ano:

2018

Tipo:

Subvenciones nominativas

Inscricións:

Dende o 07/02/2018 ata o 19/07/2018

Fecha de publicación:

19 de xullo de 2018

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e ASOCIACION INTEGRAL RESCATE EMERXENCIAS (AIRE), coa finalidade de contribuír a realizar a actividade de DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO AXUDA INTEGRACIÓN E SENSIBILIZACIÓN A REFUXIADE@S (P.A.I.S.), que se desenvolverá durante o exercicio 2018

Remuneración / Custo:

10.000 € con cargo á aplicación 70 231 48050

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento da obrigación a favor da beneficiaria e o pago da subvención realizaranse tras presentar e aprobar a xustificación, nos termos establecidos neste convenio. Ditarase resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 LGS.

Tamén poderán realizarse pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, a entidade beneficiaria deberá solicitalo expresamente e deberá constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará reteneindo o pago do Concello nesa porcentaxe, e asea sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata alcanzar esa contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e de non existir responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, devolverase a cantidade retida en concepto de garantía.

Non poderá pagarse a subvención á beneficiaria en tanto non se ache ao corrente de cumprir as súas obrigacións tributarias co Concello e a Axencia Tributaria e fronte á Seguridade Social ou sexa debedor por resolución de orixe de reintegro

Entidade:

ASOCIACIÓN INTEGRAL RESCATE EMERXENCIAS (AIRE)

Documentos:

Texto do convenio en castelán (102 KB)

Texto do convenio en galego (98 KB)

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión