1.- Cubrir e presentar en calquera dos rexistros municipais (é necesario solicitar cita previa) ou na Sede electrónica Municipal:
No mesmo impreso deberán de sinalarse expresamente a motivación (persoal ou laboral) da solicitude.
Nesta solicitude, será obrigatorio facilitar os teléfonos de contacto e/ou dirección de correo electrónico para os efectos das comunicacións posteriores.
Será preciso presentar esta solicitude de alta cun mínimo de quince días antes da data para a que se pretenda facer uso de calquera das modalidades do servizo.
2.- O equipo do Servizo Municipal de Canguraje contactará por calquera dos medios facilitados na solicitude coa persoa da unidade familiar designada para programar unha entrevista persoal co fin de dar de alta as diferentes modalidades do servizo, baseándose na solicitude presentada.
Neste primeiro contacto indicarase calquera outro tipo de documentación adicional que podería ser solicitada segundo a modalidade solicitada.
3.- Finalizada esta entrevista persoal, asinaranse as autorizacións obrigatorias de acceso e permanencia no Servizo Municipal de Canguraje, que inclúen o tratamento de datos e/ou autorización de consulta de datos á Axencia Estatal Tributaria.
4.- Para reserva de praza e uso do servizo, unha vez realizada o alta para calquera das modalidades, será suficiente a realización dunha chamada ao teléfono 981 18 43 56 ó 673 13 23 72 ou envío dun correo electrónico ao Servizo de Canguraje.
Documentos relacionados
10 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible