981189889
Verán (desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro): luns a venres, das 09.00 ás 13.30 e das 17.00 ás 19.30 horas.
Resto do ano: luns a venres, das 10.00 ás 13.30 h e das 17.00 ás 20.30 horas.
O centro permanecerá pechado os sábados, domingos e festivos sinalados no calendario de festas laborables de ámbito local, autonómico e nacional.
Para a atención presencial en oficina débese solicitar a cita previa a través do teléfono ou do correo electrónico.
O Espazo Diverso é un recurso publico dirixido a todas as persoas lésbicas, gais, trans, bisexuais, intersexuais, queer e asexuais, ás súas familias e ás entidades LGTBIQA+ da cidade.
Desde o Espazo traballamos por visibilizar as diferentes identidades, expresións de xénero e orientacións sexuais, a través de diversas accións dirixidas á prevención e eliminación dos factores causantes de situacións de desigualdade e discriminación que lles afectan ás persoas LGTBIQA+.
Nunha contorna próxima e acolledora, ofrécense servizos de atención directa e especializada. Proporcionamos información actualizada sobre os teus dereitos, recursos dispoñibles, a axenda de actividades LGTBIQA+ da cidade e das actividades do Espazo Diverso.
Próximas actividades
O grupo é un espazo seguro e de encontro que funciona como instrumento de orientación, como soporte emocional, e para favorecer o empoderamiento de acódelas usuarias. As reunións son quincenais, para unirche contacta por teléfono ou por e-mail .
Participa no Club de Lectura do Espazo Diverso, onde descubrirás lecturas sobre o colectivo LGTBIQA+ e reflexionaremos en grupo sobre elas
Obradoiro kit de supervivencia: do autocoñecemento ao autocoidado
Participa deste taller con Ailín Sujatovich (educadora social) e explora o autoconocimiento, o amor propio e o autocuidado a través da arte.
Neste taller, reflexionaremos sobre as nosas estratexias persoais e construiremos unha caixa de ferramentas única que nos acompañe en cada momento
Taller educando na diversidade: desmontar prexuízos, acompañar identidades
Este taller dirixido a docentes e profesionais do ámbito educativo, ten o obxectivo de proporcionar coñecementos sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero e ofrecer ferramentas para abordar adecuadamente as necesidades do estudantado LGTBIQA+
Yolanda Paz (artista escénica e creadora) facilitaranos un espazo para derrubar prexuízos e fomentar a convivencia respectuosa. A través da arte e o xogo, exploraremos a diversidade como riqueza e a conexión como grupo.
¡Ven a vivir un espazo de descubrimento e diversión!
Accesibilidade
Módulo de aseo adaptado/practicable, zona de descanso/espera e rampla de acceso adaptada/practicable.
Actividades
Equipamentos comúns
Espazos/Locais
Denominación e uso | Superficie e aforamento | Equipamento especifico | Accesibilidade | Reservable |
---|---|---|---|---|
Sala de usos múltiples Aula de usos múltiples | 63.42 m2 (24 persoas) |
| Consultar | Se (*) |
Salón de actos Salón de actos de usos múltiples | 63.42 m2 (50 persoas) |
| Consultar | Se (*) |
(*) Chamar ao centro para consultar dispoñibilidade
Documentos relacionados
4 de abril de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible