Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña
Durante os meses de xuño e xullo de 2024 a localización será na rúa Matadoiro, número 68
981189889
Verán (desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro): luns a venres, das 09.00 ás 14.00 e das 16.30 ás 18.30 h
Resto do ano: luns a venres, das 10.00 ás 13.30 e das 17.00 ás 20.30 h
O centro permanecerá pechado os sábados, domingos e festivos sinalados no calendario de festas laborais de ámbito local, autonómico e nacional.
Para a atención presencial na oficina débese solicitar cita previa a través do teléfono ou correo electrónico.
O Espazo Diverso é un recurso publico dirixido a todas as persoas lésbicas, gais, trans, bisexuais, intersexuais, queer e asexuais, ás súas familias e ás entidades LGTBIQA+ da cidade.
Desde o Espazo traballamos por visibilizar as diferentes identidades, expresións de xénero e orientacións sexuais, a través de diversas accións dirixidas á prevención e eliminación dos factores causantes de situacións de desigualdade e discriminación que lles afectan ás persoas LGTBIQA+.
Nunha contorna próxima e acolledora, ofrécense servizos de atención directa e especializada. Proporcionamos información actualizada sobre os teus dereitos, recursos dispoñibles, a axenda de actividades LGTBIQA+ da cidade e das actividades do Espazo Diverso.
Próximas actividades
O grupo é un espazo seguro e de encontro que funciona como instrumento de orientación, como soporte emocional, e para favorecer o empoderamiento de acódelas usuarias. As reunións son quincenais, para unirche contacta por teléfono ou por e-mail .
¿Gústache a lectura e compartir ideas con outras persoas?
Neste club descubrirás lecturas que falan do colectivo LGTBIQA+ e coas que reflexionar sobre a súa realidade.
Grupo de apoio para familias de persoas LGTBIQA+
O Grupo de Autoapoyo para Familias de persoas LGTBIQA+ trátase dun espazo seguro de apoio e acompañamento. Unha ferramenta esencial para fomentar o apoio dentro das familias e o respecto ás diversidades sexuais e identidades de xénero presentes nos fogares
Con Ailín Sujatovich, educadora social
Obradoiro "Poñendo os coidados no centro"
Con Lucía Álvarez López, psicóloga e sexóloga e Sabela Maceira Mato, educadora social e sexóloga
Obradoiro "Que podo facer fronte á LGTBIfobia?"
Con Miguel Vieito, avogado do Espazo Diverso
Accesibilidade
Módulo de aseo adaptado/practicable, zona de descanso/espera e rampla de acceso adaptada/practicable.
Actividades
Equipamentos comúns
Espazos/Locais
Denominación e uso | Superficie e aforamento | Equipamento especifico | Accesibilidade | Reservable |
---|---|---|---|---|
Sala de usos múltiples Aula de usos múltiples |
63.42 m2 (24 persoas) |
|
Consultar | Se (*) |
Salón de actos Salón de actos de usos múltiples |
63.42 m2 (50 persoas) |
|
Consultar | Se (*) |
(*) Chamar ao centro para consultar dispoñibilidade
Actividades relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible