Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
O Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) é un tributo municipal que grava o valor dos bens inmobles nos termos previstos no texto refundido da Lei de facendas locais e na Ordenanza fiscal n.º 51, reguladora do IBI.
Diferéncianse tres tipos de bens inmobles para os efectos deste imposto: rústicos, urbanos e inmobles de características especiais (BICE).
Feito impoñible:
O feito impoñible deste imposto constitúeo a titularidade dos seguintes dereitos sobre os inmobles, por orde de preferencia:
Titular dun dereito de concesión administrativa.
Titular dun dereito real de superficie.
Titular dun dereito real de usufruto.
Titular do dereito de propiedade.
Tarifas do imposto:
Os tipos de gravame previstos no artigo 2 da Ordenanza fiscal nº 51 son:
Bens Inmobles de Natureza Urbana: 0,618%
Bens Inmobles de Natureza Rústica: 0,618%
Bens Inmobles de Características Especiais:
1,3 % para os destinados á produción de enerxía eléctrica e gas e ao refino de petróleo, e as centrais nucleares.
0,618 % para as presas, saltos de auga e encoros.
1,3 % para as autoestradas, estradas e túneles.
1,3 % para os aeroportos.
Establécense tipos diferenciados para os inmobles de natureza urbana, excluídos os de uso residencial, que superen, atendendo aos usos establecidos na normativa catastral para a valoración das construcións, o valor catastral que para cada un dos usos recóllese no seguinte cadro:
CÓDIGO - USO
VALOR CATASTRAL
TIPO DE GRAVAME
I.- Industrial
Igual ou superior a 400.000. €
0,824%
C - Comercial
Igual ou superior a 600.000. €
0,824%
G - Lecer e Hostalaría
Igual ou superior a 1.000.000. €
0,824%
En todo caso, os tipos de gravame diferenciados a que se refire este apartado só se poderán aplicar, como máximo, ao 10 por cento dos inmobles do termo municipal que, para cada uso, teñan maior valor catastral.
Beneficios fiscais:
Exencións
As principais exencións do Imposto son as seguintes:
Están exentos os recibos de inmobles urbanos cuxa cota líquida non supere o importe de 6 euros, así como os inmobles rústicos cuxas cotas agrupadas relativas a un mesmo suxeito pasivo non supere o importe de 6 euros.
Exención para as Entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao mecenado recollidas no art. 2 da Lei 49/2002.
Os Centros Docentes concertados, art. 62.2 a) TRLRHL.
Os Bens Históricos, art. 62.2 b) TRLRHL.
Bonificacións
As principais bonificacións son as seguintes:
Inmobles obxecto da actividade de empresas urbanizadoras, 50% durante un período máximo de 3 anos, art. 5.1 OF nº 51
Vivendas de Protección Oficial, 50% durante un período máximo de 7 anos desde a cualificación definitiva, art. 5.2 OF nº 51.
Bens Rústicos de cooperativas agrarias, 95%, art. 5.3 OF nº 51.
Familias Numerosas, entre o 20% e o 90%, debe ser solicitada anualmente antes do 31 de decembro para a súa aplicación no seguinte exercicio, art. 5.4 OF nº 51.
Bens Inmobles de Ensino Universitario, 95%, art. 5.5 OF nº 51.
Bens Históricos afectos a explotacións económicas, 95%, art. 5.6 OF nº 51.
Bens de uso residencial onde se instalen sistemasde aproveitamento termico ou solar . 50% art 5.7 OF 51
BICE onde se desenvolvan actividades relacionadas co sector pesqueiro, explotación de parques e recintos feirais ou actividades naúticas debe ser solicitada anualmente antes do 31 de decembro, 50%, art. 5.8 OF nº 51.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible