O Pleno do Concello da Coruña, en sesión ordinaria realizada o 3 de outubro de 2019, aprobou definitivamente e por unanimidade a Ordenanza municipal da Coruña para a igualdade na diversidade. Esta ordenanza foi publicada no BOP nº 204 da Coruña en castelán e en galego con data 25 de outubro de 2019.
Esta ordenanza fíxase como obxectivos, entre outros, elevar a igualdade á categoría de compromiso para o goberno municipal, como camiño para conseguir unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria e, ao mesmo tempo, complexa e diversa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible