2018
Subvenciones nominativas
Dende o 07/02/2018 ata o 17/07/2018
18 de xullo de 2018
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e ACCEM, coa finalidade de contribuír a realizar a actividade de servizo de acollida temporal en piso tutelado e atención integral a persoas de orixe estranxeira, que se desenvolverá durante o exercicio 2018
18.000 € con imputación á aplicacación orzamentaria 70 231 48050
Con carácter xeral, o recoñecemento da obrigación a favor da beneficiaria e o pago da subvención realizaranse tras presentar e aprobar a xustificación, nos termos establecidos neste convenio. Ditarase resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 LGS.
Tamén poderán realizarse pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácterprevio á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, a entidade beneficiaria deberá solicitalo expresamente e deberá constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará reteneindo o pago do Concello nesa porcentaxe, e asea sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata alcanzar esa contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e de non existir responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, devolverase a cantidade retida en concepto de garantía.
Non poderá pagarse a subvención á beneficiaria en tanto non se ache ao corrente de cumprir as súas obrigacións tributarias co Concello e a Axencia Tributaria e fronte á Seguridade Social ou sexa debedor por resolución de orixe de reintegro.
ACCEM
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible