2016
Subvenciones nominativas
24 de outubro de 2016
Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a entidade FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMIDADES RARAS E CRÓNICAS FEGEREC deberá presentar a documentación xustificativa do convenio no rexistro xeral.
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMIDADES RARAS E CRÓNICAS FEGEREC coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Realización dun programa de integración social das persoas con enfermidade rara e/ou crónica", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.
13.000,00 €
Con carácter xeral, o recoñecemento de obriga a favor do beneficiario e o pago da achega realizaranse tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 da Lei xeral de subvencións.
Tamén se poderán realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, deberá ser solicitado expresamente pola entidade beneficiaria e deberase constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará mediante a retención do pago polo Concello, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, procederase á devolución da cantidade retida en concepto de garantía.
FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMIDADES RARAS E CRÓNICAS (FEGEREC)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible