Que é o Programa de acompañamento ao reagrupamento familiar?
É un servizo municipal especializado en traballar con familias estranxeiras que iniciaron ou queren iniciar un proceso de reagrupamento familiar na cidade da Coruña.
A quén vai dirixido?
Especialmente dirixido a menores estranxeiros/as que foron reagrupados/as por seus pais e/ou nais. E a mulleres estranxeiras reagrupadas polos seus maridos.
En qué consiste ?
Desde o programa ofrécese orientación e acompañamento ás familias estranxeiras que se agrupan na Coruña. A iniciativa inclúe a posta en marcha de sesións informativas individuais e grupais, entrevistas, obradoiros e traballo en coordinación con entidades sociais, servizos sociais e centros educativos para impulsar e favorecer a súa autonomía e inserción social.
Onde se desenvolve?
O programa desenvolvese na UAMI (Unidade de Asesoramentos ás Migracións), situada no Centro Cívico de Mallos (Avd. de Arteixo, 147) do Concello da Coruña. Facilitarase a información do programa a través da edición de trípticos en diferentes idiomas: galego, castelán, árabe, inglés e francés.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible