30 de xaneiro de 2024
Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza, para os primeiros meses do ano, actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos dentro do Programa Apego.
Na Coruña témoslle Apego á lingua!!
Seguimos coas nosas actividades presenciais no Centro Ágora para familias con nenas e nenos!
Velaquí a programación para os primeiros meses de 2024:
Martes 20 de febreiro, dous pases: 17.30 e 18.30 h (55 min)
Inscrición: a partir do venres 16 de febreiro, ás 10.00 h
Un percorrido polas cancións dos traballos Brinca Vai, Radio Bulebule e Extra.
Martes 27 de febreiro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (55 min)
Inscrición: a partir do venres 23 de setembro, ás 10.00 h
A familia de Amabel ten superpoderes pero ela aínda non sabe cal é a súa actividade extraordinaria.
Martes 5 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 1 de marzo, ás 10.00 h
A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. Cando ela vai narrar o seu conto favorito ve que está cheo de buracos.
Mércores 13 e xoves 14 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)
Inscrición: a partir do venres 8 de marzo, ás 10.00 h
Abordarase teatralmente, con sutileza e delicadeza, unha temática preocupante, os abusos sexuais na infancia, un tema tabú para a sociedade, que convive no noso día a día e cunhas estatísticas alarmantes.
Martes 19 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)
Inscrición: a partir do venres 15 de marzo, ás 10.00 h
Leo é o león máis curioso de toda a selva. Un día, unha chuvia de pompas quítalles ao elefante e á tartaruga as súas cores. Será Leo capaz de devolvérllelas?
Martes 26 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min + 30 min)
Inscrición: a partir do venres 22 de marzo, ás 10.00 h
Narración oral con música en directo na primeira parte da actividade e posterior exposición de libros con charla para descubrir lecturas novas, libros-xogo etc.
Martes 2 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 29 de marzo, ás 10.00 h
Espectáculo onde se combinan os contos, a música e o teatro co obxectivo principal de animar a gozar da lectura e a convertela nun hábito.
Martes 9 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 5 de abril, ás 10.00 h
Obradoiro da ilustradora Laura Romero que co músico Juan Álvarez e o debuxo e a música en directo nos axudarán a coñecermos máis algúns instrumentos tradicionais.
Martes 16 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
Inscrición: a partir do venres 12 de abril, ás 10.00 h
Arrolos ou cancións de berce para as familias que esperan un/unha bebé ou que teñen crianzas pequenas, con materiais musicais inéditos e ferramentas básicas.
Martes 23 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (30 min)
Inscrición: a partir do venres 19 de abril, ás 10.00 h
Bea ten un problema. O seu lobo leva chupete e cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito. A quen se lle conte, un lobo con chupete!
Martes 7 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (55 min)
Inscrición: a partir do venres 3 de maio, ás 10.00 h
Presentación do novo espectáculo de Paco Nogueiras dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións.
Martes 14 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)
Inscrición: a partir do venres 10 de maio, ás 10.00 h
Concerto baseado no libro-disco no que dous nenos soñan historias: toman o té cun dragón ou e atopan un lobo verde cantándolle a unha ra azul. Nada é o que semella ser!
Martes 21 de maio, un pase: 18.00 h (30 min)
Inscrición: a partir do venres 17 de maio, ás 10.00 h
Carapuchiña Vermella vive unha aventura un pouco diferente. No seu camiño van aparecendo cinco lobiños que son tan pequerrechiños que caben na súa cesta.
Martes 28 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 24 de maio, ás 10.00 h
Música e baile tradicional mesturado co xogo baseado nas cancións máis coñecidas por todas e todos. As familias poden traer percusión miúda (axóuxeres, pandeiretas etc.).
Martes 4 de xuño, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
Inscrición: a partir do venres 31 de maio, ás 10.00 h
Presentación do novo espectáculo de teatro-documento que narra os feitos reais da loita pola supervivencia do arroaz que frecuenta as praias da ría de Muros e Noia.
Precísase só a inscrición da crianza que o día da actividade estará sempre acompañada por unha persoa adulta. Pídese puntualidade.
Actividades relacionadas
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
26/11/2024
17.00 horas
Dende o 22/11/2024 ata o 26/11/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
26/11/2024
18.30 horas
Dende o 22/11/2024 ata o 26/11/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible