Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xullo de 2024

«Auroras boreais», nova exposición fotográfica na Casa das Ciencias

Unha selección de nove imaxes das excepcionais auroras que se puideron ver desde Galicia en maio de 2024

As auroras prodúcense cando partículas cargadas procedentes do Sol interaccionan co campo magnético terrestre e alcanzan as capas altas da atmosfera. O habitual é poder observalas en latitudes próximas aos polos terrestres: auroras boreais, no polo norte, e austrais, no polo sur. Con todo, as tormentas solares máis potentes poden facer que as auroras se vexan en latitudes máis próximas ao ecuador. Un destes fenómenos excepcionais tivo lugar as noites do 10 e 11 de maio de 2024, cando unha enorme cantidade de materia expelida polo Sol alcanzou o noso planeta, deixando auroras en latitudes intermedias, incluíndo Galicia, como non se vían desde 1938.

A exposición «Auroras boreais» consta de nove imaxes tomadas nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense. A selección realizouna Dosi Veiga, editor do proxecto Ceos galegos. As auroras vense moito mellor nunha fotografía que a primeira ollada, xa que as cámaras fotográficas permiten rexistrar a luz do ceo durante varios segundos, xerando imaxes máis saturadas e con máis detalle. A duración dunha aurora vai desde uns minutos ata varias horas, e as súas formas son moi variadas en función do vento, as nubes, a temperatura ou a humidade.

Cores máis comúns

A cor máis común das auroras nos polos adoita ser o verde, debido ao osíxeno a altitudes de ata 100 km. As auroras que puidemos observar en Galicia en 2024 foron na súa maioría de cor vermella, ao producirse a alturas máis elevadas, entre os 300 e 400 km. Outras cores que poden adoptar son o rosa, o púrpura ou mesmo o azul, involucrando tamén a outros gases, como o nitróxeno, o hidróxeno ou o helio.

Os autores e autoras das imaxes de «Auroras boreais» son Francisco J. Fernández Gómez, O'Fins, Gema Figueroa, Pablo ARRBB, Begoña Brao e Óscar Blanco.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión