PADCERTI
Telemático
Tramitación electrónica
Rexistros e censos
Poboación e comunidades
Si
O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan as veciñas e os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. Todas as persoas que vivan en España están obrigadas a inscribírense no Padrón do municipio no que residan habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ao ano.
Mediante o certificado de empadroamento constátase a inscrición no Padrón municipal de habitantes do concello. É o documento que acredita fidedignamente o feito do empadroamento.
Certificado de empadroamento, con certificado dixital
A través deste procedemento telemático poderán obter o seu certificado as persoas titulares do certificado electrónico empregado para identificarse.
Para poder utilizar esta opción telemática é necesario estar empadroado actualmente no Concello da Coruña.
Ningún
Normativas relacionadas
A solicitude pode realizarse en calquera momento.
Ningunha.
Este procedemento concreto só existe en formato en liña
Certificado dixital da persoa solicitante.
Pulsando a opción "Tramitar en liña"
A resposta será inmediata. Emitirase o documento solicitado ao instante.
Outras versións
16 de xullo de 2024
«Fotografías da natureza 2024» contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year.
9 de xullo de 2024
Unha selección de nove imaxes das excepcionais auroras que se puideron ver desde Galicia en maio de 2024
29 de xuño de 2024
Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10.00 h a 20.00 h, con último acceso ás 19.00 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible