PADNCERTI
Telemático
Tramitación electrónica
Rexistros e censos
Sector público
Si
Mediante o certificado de empadroamento constátase a inscrición no Padrón municipal de habitantes do concello. É o documento que acredita fidedignamente o feito do empadroamento.
O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan as veciñas e os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. Todas as persoas que vivan en España están obrigadas a inscribírense no Padrón do municipio no que residan habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ao ano.
Certificado de empadroamento, sen certificado dixital
A través deste procedemento telemático poderá solicitarse certificado de empadroamento sen necesidade de dispoñer de certificado dixital.
Poderase solicitar certificado de empadroamento das persoas que figuren actualmente no padrón.
Ningún
Normativas relacionadas
A solicitude pode realizarse en calquera momento.
O certificado solicitado será remitido por correo postal ao domicilio de empadroamento, sen que sexa posible remitilo por outro medio ao tratarse dun trámite sen identificación.
Este procedemento concreto só existe en formato en liña.
Ningún requisito específico.
Pulsando a opción "Tramitar en liña"
Dentro dos dous días hábiles seguinte será remitido o documento solicitado.
Outras versións
16 de xullo de 2024
«Fotografías da natureza 2024» contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year.
9 de xullo de 2024
Unha selección de nove imaxes das excepcionais auroras que se puideron ver desde Galicia en maio de 2024
29 de xuño de 2024
Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10.00 h a 20.00 h, con último acceso ás 19.00 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible