De Alberto Conejero
Para público en xeral
Dende o 18/10/2024 ata o 19/10/2024
20:30 h
*Unha vez comezado o espectáculo NON se poderá acceder á Sala
Prégase puntualidade
65 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, carné xove, e desempregados; do 25% para familias numerosas)
*Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
Desexo, guerra, deserción, poder, violencia, patria... Alberto Conejero comparte co público a beleza, o misterio e a escuridade dun poema épico a través do cal dialoga coa condición humana e enlaza épocas diversas. Combina voces do pasado e do presente. Faio a partir do personaxe de Patroclo, compañeiro de armas de Aquiles. Unha montaxe a partir da Ilíada de Homero e outros textos, que nos achega a unha obra fundamental da literatura clásica grega.
Intérprete, dramaturgo e director. Tres grandes talentos presentan un espectáculo que é tanto unha canción de guerra como un oratorio polas vítimas; un monólogo sobre o que fan nos corpos palabras e ideas como "gloria", "honra" ou "patria"; un poema escuro no cal se fala da violencia do campo de batalla, pero tamén da violencia do desexo. Porque a Ilíada empeza coas desercións de dous homes que se aman e que abandonan o campo de batalla dez anos despois de que a guerra empezase. Seguimos falando da guerra de Troia porque aínda segue ardendo.
Con Rubén de Eguía
Dirección Xavier Albertí
Produción de Grec Festival de Barcelona e Miramedia Universe SL
*Venda de entradas soltas a partire do 6 de setembro
Despacho de billetes da Praza de Ourense, de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función desde as 16 h
23 de xullo de 2024
Un vídeo divulgativo amosa como se realiza a captura no mar e o seu traslado ao acuario coruñés.
16 de xullo de 2024
«Fotografías da natureza 2024» contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year.
9 de xullo de 2024
Unha selección de nove imaxes das excepcionais auroras que se puideron ver desde Galicia en maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible