Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xullo de 2024

O Aquarium Finisterrae mostra un cardume de sardiñas colleitadas na costa galega

Un vídeo divulgativo amosa como se realiza a captura no mar e o seu traslado ao acuario coruñés.

Cada verán o persoal de mantemento biolóxico sae coa embarcación do Aquarium Finisterrae a realizar capturas de especies. Nesta ocasión capturáronse sardiñas (Sardina pilchardus), unha especie moi coñecida entre o público e de grande importancia pesqueira e económica que é pouco habitual ver en acuarios, xa que son peixes moi delicados de manipular.

A recolección dos peixes supón un reto cando se pretende conseguir a máxima supervivencia do conxunto dos exemplares colleitados e o maior benestar do animal. Para iso deben adaptarse as artes de pesca tradicionais ás características de cada especie, buscar os cardumes óptimos, as zonas máis adecuadas e a meteoroloxía propicia para lograr unha captura precisa e eficiente.

No caso das sardiñas, a captura debe ser extremadamente coidadosa, como se mostra neste vídeo. Primeiro cércase o cardume mantendo un gran volume libre dentro da rede para evitar danos. Despois retíranse as pequenas sardiñas con xerras e deposítanse nun tanque con subministración de osíxeno e circulación de auga para ser trasladados ás corentenas do Aquarium Finisterrae. Alí aliméntanas incorporando tratamentos preventivos e antiparasitarios. A manipulación debe ser delicada en todo momento, pois son moi nerviosas e perden as escamas con facilidade.

Finalizado o tempo de corentena, trasládanse ao tanque de exposición para mostralas ao público. É unha especie moi rechamante polas súas grandes escamas prateadas e porque forman densos bancos que se comportan coma se fosen un só ser, cun movemento similar a un fluído para facer fronte aos perigos que as axexan.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión