Charla gratis da astrofísica galega Isabel Rebollido o venres 6 de decembro
Para público en xeral
06/12/2019
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
GRATIS
As invitacións repartiranse a partir das 19.00 horas do mesmo día na recepción da Casa das Ciencias, ata completar a capacidade da sala.
Agrupación Astronómica Ío
O planetario da Casa das Ciencias acolle o venres 6 de decembro ás 19.30 horas a conferencia «De pedras a 4000 planetas (e pedras outras vez)», impartida pola astrofísica Isabel Rebollido. Grazas aos avances en instrumentación e técnicas de procura, en menos de trinta anos pasamos de coñecer oito planetas, os que compoñen o noso sistema solar, a ter evidencias de máis de 4000 que viran ao redor doutras estrelas da nosa galaxia.
Estes planetas recentemente descubertos, en boa medida polas misións espaciais, mostran que hai unha gran diversidade de tamaños, densidades e órbitas, moito maior da esperada. As condicións para que apareza vida poden ser tamén moi distintas ás que temos na Terra.
Destino do noso planeta
Para poder comprender en que tipos de sistemas planetarios é máis probable atopar organismos vivos, é fundamental o estudo dos procesos de formación planetaria e a contorna dos planetas, incluíndo as últimas etapas da vida das estrelas, que nos poden axudar a predicir o destino do noso propio planeta e outros do sistema solar.
A investigadora Isabel Rebollido estudou Física na Universidade de Santiago de Compostela e despois realizou un máster en Astrofísica na Universidade da Lagoa, en colaboración co Instituto de Astrofísica de Canarias. Obtivo unha bolsa para facer prácticas de investigación no centro que ten en Madrid a Axencia Espacial Europea. Vén de finalizar a súa tese doutoral, centrada no estudo da contorna das estrelas masivas e a presenza de exocometas.
>> Esta é unha actividade enmarcada dentro do ciclo de conferencias «Coruña científica», que conta co apoio da Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica do Concello da Coruña.
7 de marzo de 2025
Unha exposición temporal sobre saúde mental
28 de xaneiro de 2025
Unha exposición fotográfica que convida a reflexionar sobre a crise climática e ambiental
18 de decembro de 2024
Este Nadal a Casa das Ciencias conmemora con esta proxección o quinto aniversario da súa designación
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible