19 de maio de 2022
A mostra, instalada na planta baixa da Domus, está organizada pola Agrupación Astronómica Ío.
A planta baixa da Domus acolle desde esta semana unha exposición sobre como a contaminación luminosa afecta á saúde das persoas.
A mostra consiste en quince paneis que reproducen a banda deseñada «Un reloxo con moitas luces: como sabe a hora o teu corpo», creado por Coline Weinzaepflen (texto e debuxos) e o cronobiólogo Manuel Spitschan (edición). Relata de forma rigorosa e humorística os efectos da luz sobre a fisioloxía humana, e como tanto a luz polo día como a escuridade pola noite son imprescindibles para a nosa saúde.
A mostra reflicte como a presenza de cada vez máis luz artificial pola noite produce alteracións no noso ciclo circadiano: o desaxuste dos nosos reloxos internos asóciase a problemas do sono e tamén á depresión, ansiedade, enfermidades metabólicas e cardíacas ou mesmo algúns tipos de cancro.
A banda deseñada presentouse en 2021 e traduciuse de forma voluntaria a máis de vinte idiomas, entre eles o galego. A versión galega foi preparada por Martin Pawley e Xabier Pérez Couto, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Agora, coa colaboración de Cel Fosc, a Asociación Española contra a Contaminación Luminosa, preséntase unha versión expositiva, coas páxinas do cómic convertidas en paneis.
Esta exposición enmárcase dentro das actividades desenvolvidas polo III Encontro da noite, que tivo lugar o pasado sábado 14 de maio na Domus, organizado pola Agrupación Astronómica Ío.
23 de xullo de 2024
Un vídeo divulgativo amosa como se realiza a captura no mar e o seu traslado ao acuario coruñés.
16 de xullo de 2024
«Fotografías da natureza 2024» contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year.
9 de xullo de 2024
Unha selección de nove imaxes das excepcionais auroras que se puideron ver desde Galicia en maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible