10 de outubro de 2023
Foron outorgados os Prismas de Bronce en sete das oito categorías do premio, quedando deserta a de texto inédito ou autoeditado.
O Xurado, reunido entre os días 9 e 10 de outubro, decidiu outorgar os Prismas de Bronce aos seguintes traballos:
Ademais, o xurado decidiu outorgar o Prisma Especial do Xurado ao Planetario de Pamplona, pola súa grande implantación social, o extraordinario impacto público das súas iniciativas e o nivel de excelencia mantido polo seu equipo ao longo dunha extensa traxectoria.
Tamén se decidiu outorgar unha mención honorífica na modalidade de Prisma Especial do Xurado a Rogelio Sánchez Verdasco, polo seu infatigable impulso de proxectos colectivos e o enfoque innovador do seu traballo sempre xeneroso.
O Xurado decidiu declarar deserto o Prisma ao mellor texto inédito ou autoeditado de divulgación científica.
Composición do Xurado:
Presidenta: Elena Lázaro, coordinadora da UCCi na Universidade de Córdoba.
Estivo composto ademais por:
- Carolina Llorente, coordinadora do Centro de Estudios de Ciencia, Comunicación y Sociedad en Universitat Pompeu Fabra.
- Óscar Hortas, técnico de Comunicación e Divulgación Científica en CICA-UDC.
- Manuel Rei, responsable de comunicación no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).
- Socorro Castro, profesora titular de Química Inorgánica na Universidade da Coruña.
Marcos Pérez Maldonado, xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses, que actuou como secretario.
Tamén che pode interesar
7 de marzo de 2025
Unha exposición temporal sobre saúde mental
28 de xaneiro de 2025
Unha exposición fotográfica que convida a reflexionar sobre a crise climática e ambiental
18 de decembro de 2024
Este Nadal a Casa das Ciencias conmemora con esta proxección o quinto aniversario da súa designación
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible