En desenvolvemento das previsións contidas nos plans xerais de ordenación municipal, poderán formularse e aprobarse plans especiais coa finalidade de protexer ámbitos singulares, levar a cabo operacións de reforma interior, coordinar a execución de dotacións urbanísticas, protexer, rehabilitar e mellorar o medio rural ou outras finalidades que se determinen regulamentariamente.
Os plans especiais de protección teñen por obxecto preservar o medio ambiente, as augas continentais, o litoral costeiro, os espazos naturais, as áreas forestais, os espazos produtivos, as vías de comunicación, as paisaxes de interese, o patrimonio cultural e outros valores de interese.
Os plans especiais de reforma interior teñen por obxecto a execución de operacións de reforma en solo urbano non consolidado previstas no plan xeral para o desconxestionamento desta clase de solo, a mellora das condicións de habitabilidade, a creación de dotacións urbanísticas, o saneamento de barrios insalubres, a resolución de problemas de circulación, a mellora do ambiente ou dos servizos públicos, a rehabilitación de zonas urbanas degradadas ou outros fins análogos.
Os plans especiais de infraestruturas e dotacións teñen por obxecto o establecemento e a ordenación das infraestruturas básicas relativas ao sistema de comunicacións, transportes, espazos libres públicos, equipamento comunitario, e das instalacións destinadas aos servizos públicos e subministracións de enerxía e abastecemento, evacuación e depuración de augas.
Estes plans especiais terán por finalidade a protección, rehabilitación e mellora dos elementos máis característicos da arquitectura rural, das formas de edificación tradicionais, dos conxuntos significativos configurados por elas e dos núcleos rurais.
Tras a entrada en vigor da Lei 6/2007, de 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, é obrigatorio, nos casos sinalados no art. 5 da devandita lei, realizar a avaliación ambiental estratéxica dos instrumentos de plan.
Iniciarase o expediente mediante a presentación ante o Concello dunha solicitude de tramitación, acompañada de dous exemplares do documento de inicio que será remitido polo Concello á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, coa finalidade de que, no prazo máximo de tres meses, emitan o denominado documento de referencia, que servirá de guía para a redacción do informe de sustentabilidade ambiental que acompañará o documento do plan especial.
Onde se fai?
Documentos relacionados
16 de xullo de 2024
«Fotografías da natureza 2024» contén as imaxes premiadas na última edición de European Wildlife Photographer of the Year.
9 de xullo de 2024
Unha selección de nove imaxes das excepcionais auroras que se puideron ver desde Galicia en maio de 2024
29 de xuño de 2024
Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10.00 h a 20.00 h, con último acceso ás 19.00 h no Aquarium e ás 19.30 h na Casa das Ciencias e Domus.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible