Domus foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano, e é o segundo dos tres Museos Científicos Coruñeses.
O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.
EXPOSICIÓNS
> BOCADOS
Unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da ONU, que nos comprometen para actuar a favor de cambios globais e integrados que permitan poñer fin á fame e á malnutrición antes de 2030.
> XOGO DE NEURONAS
Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana é unha exposición na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. O seu elemento máis emblemático é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas por escolares galegos.
> XENÉTICA
Investiga que é a enxeñería xenética, reflexiona por que nos parecemos aos nosos pais ou indaga sobre os produtos transxénicos. Ademais, descobre o código da vida nas maquetas do ADN da planta baixa da Domus. Unha exposición dedicada á xenética que busca responder as curiosidades dos visitantes ao redor dun tema científico de continua actualidade.
> EVOLUCIÓN
Descobre se os trazos dos que tanto presumimos son exclusivos da especie humana e verás que non somos o embigo do mundo. A Domus e os investigadores de Atapuerca presentan un enfoque diferente da evolución da familia humana na exposición Homínidos e Homínidas. A familia fachendosa. ¿Cando deixamos de ser caníbales? ¿Era capaz de falar o home de Neandertal? ¿Quen foi o primeiro europeo? ¿Como vivían os nosos antepasados? ¿Somos tan exclusivos como cremos?
MINIDOMUS
Un espazo de experiencias para o público infantil (de 0 a 6 anos) con módulos baseados no xogo, o fomento da curiosidade e as habilidades propias da infancia.
Os nenos e as nenas de menor idade poderán explorar a presión do aire lanzando panos de tea por distintos percorridos e descubrir cal é o máis rápido, xogar coa luz e as cores, creando obras luminosas, construír e experimentar con engrenaxes, poleas e manivelas, probar o equilibrio e a gravidade montando estruturas en superficies con diferentes ángulos, crear máquinas móbiles con rodas, eixos, cordas e circuítos en zigzag, dar forma a ideas con pezas de construción, usando rodas, soportes e parafusos de bolboreta, e deixar voar a imaxinación creando mundos con grandes bloques, desde dinosauros ata naves espaciais.
ESPAZOS SINGULARES
> LABORATORIO ABERTO
O Laboratorio Aberto é o espazo de experimentación da Domus con talleres e actividades dirixidas a grupos escolares.
> maker@domus
maker@domus é un espazo da Domus para experimentar a cultura maker e facer tecnoloxía por ti mesmo. Unha oportunidade única para comezar a pensar coas mans. Para grupos escolares.
Consulta os talleres dispoñibles na pestana de actividades da Domus da nosa sección « Visitas escolares »
CINEMA
Na sala Leonardo dá Vinci podes gozar de cinema científico nunha pantalla de 80 m2 e con 4000 watts de son de calidade dixital.
A entrada á sesión de cinema é gratuíta, está incluída no prezo da entrada ao museo e suxeita á dispoñibilidade do espazo.
HORARIO
> INVERNO (xaneiro e febreiro)
Luns a venres: 10.00 h. a 18.00 h.*
Sábados, domingos e festivos: 11.00 h. a 19.00 h.*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
1 e 6 de xaneiro: pechado.
> PRIMAVERA (marzo a xuño)
Luns a domingo: 10.00 h. a 19.00 h.*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
> VERÁN (xullo e agosto)
Luns a domingo: 10.00 h. a 20.00 h.*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
> OUTONO (setembro a decembro)
Luns a domingo: 10.00 h. a 19.00 h.*
24 de decembro: 10.00 h. a 14.00 h.*
31 de decembro: 10.00 a 14.00 h.*
*O acceso péchase 30 minutos antes.
25 de decembro: pechado.
ENTRADAS
>> As entradas adquírense na recepción da Domus no momento de facer a visita.
Se queres comprar entradas con antelación, podes facelo aquí. Nestes momentos só se poden comprar entradas de tarifa xeral. As entradas de tarifa reducida, gratuíta, Bono 3 Casas e Cartóns Vente deben comprarse na recepción do museo.
> Xeneral: 2 euros
> Reducida*: 1 euro
*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Novo, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.
> Gratis
> Bono Tres Casas: 12 euros
> Cartón Vente: 20 euros
> Cartón Vente Mini*: 10 euros
*Menores de 16 anos e maiores de 65
VISITAS ESCOLARES
Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.
Novas relacionadas
Entidades
Documentos relacionados
Preguntas frecuentes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible