O Aquarium Finisterrae é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e a divulgación científica de temas mariños.
O terceiro dos Museos Científicos Coruñeses ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de agarimo cara ao mar e a vida mariña. Foi creado polo Concello da Coruña o 5 de xuño de 1999.
O Aquarium Finisterrae conta con catro salas de exposicións, cada unha con personalidade propia, e unha colección biolóxica composta por máis de trescentas especies diferentes.
EXPOSICIÓNS
> SALA ISABEL CASTELO
Está dedicada a exposicións temporais con sorprendentes imaxes de natureza e medio ambiente. O seu contido renóvase varias veces ao ano.
> SALA MAREMAGNUM
É o núcleo educativo do Aquarium. Ademais de grandes acuarios, contén a OceanoSfera e decenas de elementos museísticos que propoñen experiencias interactivas.
> SALA HUMBOLDT
Dedicada a grandes exposicións temporais monográficas. O seu contido renóvase con periodicidade.
Actualmente esta sala presenta «Sexo azul», unha exposición interactiva que trata sobre a reprodución sexual dos seres vivos que viven na auga. Está formada por vinte módulos que conteñen seres vivos, pezas de museo, modelos, pantallas táctiles, xogos, aparellos interactivos e ilustracións.
> SALA NAUTILUS
É a sala máis espectacular do Aquarium Finisterrae. Deseñouse para ofrecer unha experiencia emocional única. Está mergullada nunha gran piscina de cinco millóns de litros de capacidade e a súa decoración lembra a do gabinete do capitán Nemo a bordo do submarino Nautilus. Ao redor da sala nadan os peixes de maior tamaño do acuario, como as quenllas, corvinas, seriolas, douradas, robalizas e meros. Tamén hai cardumes de xardas e xurelos. Periodicamente, en sincronía cunha música composta especificamente para esta sala por Luis Delgado, ilumínase a zona central, que alberga unha colección de diversos obxectos antigos relacionados co mar.
> TERRAZAS EXTERIORES
Completan a oferta museográfica do Aquarium. Nelas exponse a áncora do buque petroleiro Mar Exeo, que o 3 de decembro de 1992 encallou fronte á Torre de Hércules e provocou unha marea negra; o Xardín Botánico, con plantas do litoral galego; o Paraíso Mariño, que recibe auga directamente do mar e onde viven tres machos de Phoca vitulina, e o Piscinarium, outra piscina de gran volume onde se atopan oito femias da mesma especie de foca.
ACTIVIDADES
Actividades e obradoiros dos que poden gozar as persoas que visitan o Aquarium Finisterrae.
Estas actividades non teñen un custo adicional. Están incluídas no prezo da entrada que cada persoa deba aboar para visitar o Aquarium Finisterrae.
HORARIO
> INVERNO (xaneiro e febreiro)
Luns a venres: das 10.00 ás 18.00 h*
Sábados, domingos e festivos: das 11.00 ás 19.00 h*
*O acceso péchase unha hora antes.
1 e 6 de xaneiro: pechado
> PRIMAVERA (marzo a xuño)
Luns a domingo: das 10.00 ás 19.00 h*
*O acceso péchase unha hora antes.
> VERÁN (xullo e agosto)
Luns a domingo: das 10.00 ás 20.00 h*
*O acceso péchase unha hora antes.
> OUTONO (setembro a decembro)
Luns a domingo: das 10.00 ás 19.00 h*
*O acceso péchase unha hora antes.
24 de decembro: das 10.00 ás 14.00 h
25 de decembro: pechado
31 de decembro: das 10.00 ás 14.00 h
ENTRADAS
>> As entradas adquírense na recepción do Aquarium Finisterrae.
Se queres comprar entradas con antelación, podes facelo aquí. Nestes momentos só se poden comprar entradas de tarifa xeral. As entradas de tarifa reducida, gratuíta, Bono 3 Casas, e Tarxetas Vente débense mercar na recepción do museo.
> Xeral: 10,30 euros
> Reducida*: 4,12 euros
*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Xove, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación do documento acreditativo.
> Gratis
> Bono Tres Casas: 12,36 euros
> Tarxeta Vente: 20,60 euros
> Tarxeta Vente Mini*: 10,30 euros
*Menores de 16 anos e maiores de 65
VISITAS ESCOLARES
Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.
Autobús: Liña 3 - Liña 3A - Liña 11
Bicicoruña: Paseo marítimo (Aquarium)
Novas relacionadas
Actividades relacionadas
Entidades
Documentos relacionados
Preguntas frecuentes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible