APEV
Presencial, Telemático
Descarga e envío do formulario
Axudas, becas e subvencións
Vivenda, Subvencións e axudas á vivenda, Rehabilitación
Si
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión das subvencións destinadas a financiar as actuacións de rehabilitación dos edificios e vivendas dentro das seguintes áreas:
Serán subvencionables os seguintes tipos de obra da área de Rexeneración e Renovación Urbana:
Estas actuacións encádranse nas determinacións dos acordos subscritos o 26 de outubro de 2018 dentro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 e do convenio de colaboración previo entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do devandito plan, conforme co establecido no artigo 5 do PEV e no ordinal noveno da Resolución de 3 de agosto de 2018 do IGVS.
O Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan Estatal está regulado nos artigos 47 a 54 do PEV, e as bases reguladoras das axudas previstas neste programa están recollidas na Resolución de 3 de agosto de 2018 do Instituto Galego da Vivenda e Solo (DOG 156, de 17.08.2018), coas modificacións introducidas pola Resolución de 31 de maio de 2019 (DOG 108, de 10.06.2019).
Axudas Plan Estatal de Vivendas 2018/2021 (Grupo María Pita /Casas de Franco/Cidade Vella)
Dende o 15/12/2021 ata o 14/02/2022
Nas obras sobre elementos comúns, as comunidades de propietarios/as e cada un dos propietarios/as, en proporción á súa cota de participación no inmoble ou outra repartición convida polos propietarios do inmoble de acordo á normativa de aplicación.
Nas obras para rehabilitación no interior das vivendas, a persoa propietaria, ou ocupante con autorización da propiedade.
Se se solicita a subvención por unha persoa distinta do propietario ou propietaria, cando exista entre estas persoas unha relación ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, deberán achegarse os ingresos tanto das persoas ocupantes como das persoas propietarias.
Cando as persoas beneficiarias sexan persoas físicas, deberán posuír a nacionalidade española; as persoas estranxeiras deberán ter a residencia legal en España.
As persoas e entidades beneficiarias das axudas deberán reunir os requisitos establecidos no art. 7.2 do Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, que aproba o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.
Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de decembro, Xeral de Subvencións, no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa solicitante.
No caso de que a persoa solicitante sexa unha comunidade de propietarios/as ou agrupación de comunidades de propietarios/as, os requisitos sinalados nos puntos anteriores deberán ser cumpridos polos seus membros.
Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada unha delas. As persoas beneficiarias destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que, tanto o importe desta, como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias e, no seu caso, nos locais comerciais ou predios doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal. A repartición da axuda será o que sinalase a propia comunidade ou agrupación nos acordos iniciais ou nos posteriores que se poidan achegar antes da resolución da concesión.
Cando algún dos membros da comunidade ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias incorra nunha ou varias das prohibicións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, non se atribuirá á dita propietaria a parte proporcional que lle correspondería da axuda recibida; ratearase entre os restantes membros da comunidade ou agrupación, salvo que se alcancen os límites por vivenda que se sinalan na base 8.2
Para a determinación dos ingresos das persoas físicas beneficiarias e das súas unidades de convivencia partirase das contías da base impoñible xeral e do aforro reguladas nos artigos 48 e 49, respectivamente, da Lei 35/2006, de 28 de novembro do IRPF, correspondente aos datos fiscais máis recentes dispoñibles no momento da solicitude da axuda correspondente. De non dispor da correspondente declaración, deberanse acreditar os ingresos mediante a presentación dunha declaración responsable de ingresos das persoas integrantes da unidade de convivencia.
En todo caso, as persoas interesadas, ao formular unha solicitude, sométense ao cumprimento das condicións da convocatoria e demais normativa reguladora que sexa de aplicación ao obxecto das axudas.
A porcentaxe que se atope fóra do límite máximo subvencionable.
A Xunta de Goberno Local, ou o Concelleiro delegado da área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade cando a subvención teña un importe de ata sesenta mil euros (60.000,00 €).
Contía das subvencións:
O importe destinado ao financiamento destas axudas fíxase en 1.338.350,52 € con cargo á aplicación orzamentaria 30.1522.78010 e as súas subdivisionarias do orzamento municipal do 2022, e condicionado á existencia de crédito suficiente e adecuado no momento da adquisición do compromiso de gasto, coa seguinte repartición:
Área | VENTORRILLO - CASAS DE FRANCO (1ª fase) | GRUPO MARÍA PITA - LABAÑOU (1ª fase) | CENTRO HISTÓRICO CIDADE VELLA/PESCARÍA (8ª fase) | Total |
---|---|---|---|---|
Código de proxecto | 2018 3 30 1 1 | 2018 3 30 1 2 | 2018 3 30 1 3 | |
Achega Ministerio de Fomento | 264.806,35 € | 285.459,78 € | 161.775,48 € | 712.041,61 € |
Achega Xunta de Galicia | 66.201,58 € | 71.364,96 € | 42.896,69 € | 180.463,23 € |
Achega Concello da Coruña | 198.604,78 € | 214.465,82 € | 32.775,08 € | 445.845,68 € |
Total | 529.612,71 € | 571.290,56 € | 237.447,25 € | 1.338.350,52€ |
Custo subvencionable
As porcentaxes e límites das subvencións serán os indicados no PEV, e nos acordos da comisión bilateral aprobados para cada caso, tendo carácter complementario entre eles.
Subvención estatal
A contía máxima das axudas determinarase atendendo o orzamento protexido da actuación e non poderá exceder, de forma individualizada, o 40% do custo subvencionable da actuación. Esta porcentaxe máxima poderá ser do 75 %, cando resulten acreditados ingresos na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora da actuación e residente na vivenda, e estes resulten inferiores a tres veces o IPREM. Esta mesma porcentaxe aplicarase cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora da actuación e residente na vivenda, que existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos. Indícanse a continuación os límites absolutos para a subvención estatal, sendo complementarias as axudas entre si.
Subvención autonómica
Ata 4.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación, sen que a subvención poida exceder do 10 % do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou do edificio. Esta contía máxima aplicarase por vivenda, independentemente do número de actuacións realizadas en cada unha delas.
Subvención do Concello da Coruña para as Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana Ventorrillo-Casas de Franco e Grupo de Vivendas "María Pita" en Labañou.
Ata 6.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación ou 6€/m2 no caso de local que participe nos gastos, segundo o cadro que se indica a continuación. Estas contías máximas aplicaranse por vivenda ou local, independentemente do número de actuacións realizadas en cada unha delas.
Subvención do Concello da Coruña para a área de Rexeneración e Renovación Urbana Cidade Vella e Pescaría.
Ata 6.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación ou 6 €/m2 no caso de local que participe nos gastos, segundo o cadro que se indica a continuación. Estas contías máximas aplicaranse por vivenda ou local, independentemente do número de actuacións realizadas en cada unha delas.
Criterios de valoración das solicitudes
As subvencións concederanse polo procedemento de concorrencia competitiva, clasificando as solicitudes por orde de tramitación segundo os seguintes criterios:
7.1 PARA AS ÁREAS DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA VENTORRILLO CASAS DE FRANCO E GRUPO DE VIVENDAS "MARÍA PITA " EN LABAÑOU:
7.2 PARA A ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA CIDADE VELLA E PESCARÍA NA CORUÑA:
1. Clasificaranse en primeiro lugar as actuacións en función do nivel de protección do inmoble afectado pola actuación, seguindo a seguinte orde:
2. No caso de empate entre solicitudes en virtude da puntuación establecida anteriormente, o seguinte criterio de clasificación é polo de maior número de vivendas en que figuren persoas empadroadas.
3. En caso de persistir o empate, o seguinte criterio de clasificación tomará o maior número de persoas empadroadas no inmoble para o que se solicita a axuda.
4. Finalmente, en caso de manterse o empate, tramitaranse atendendo a aquelas que se presentaron antes a solicitude de participación.
Constituirase unha Mesa de Avaliación, como órgano colexiado encargado de formular a proposta de concesión ao que se refire o artigo 22.1 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, que se regulará polo establecido nos artigos 15 a 18, 23 e 24 da Lei 40/2015, de Réxime Xurídico do Sector Público. Será nomeada polo concelleiro responsable da área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, e estará composta polos seguintes membros:
A Mesa de Avaliación, a través do órgano instrutor, poderá requirir ás persoas solicitantes da subvención a información ou documentación adicional aclaratoria que, non estando en poder da administración municipal, teña fundamental relevancia e relación directa para unha mellor valoración das solicitudes.
O prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de 6 meses a contar desde o día seguinte á finalización do prazo para a presentación de solicitudes.
Os expedientes tramitaranse seguindo a clasificación anterior, ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Normativas relacionadas
Documentación persoa física:
a) Solicitude de axuda económica para a rehabilitación de edificios e vivendas, incluíndo as declaracións responsables sobre destino e ocupación do inmoble, e no seu caso, declaración doutras persoas que figuren como cotitulares do inmoble.
b) Xustificación da titularidade do edificio (notas simples rexistrais ou, no seu caso, escrituras de propiedade ou outro título público acreditativo da titularidade, sen que teña esta consideración a documentación que figura en catastro).
c) Anexo de persoas titulares do inmoble ou beneficiarios sobre o cumprimento dos requisitos para ser beneficiarios das subvencións establecidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei de subvencións da Xunta e Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, a Resolución de 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para a participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e as presentes bases reguladoras. No caso de persoas estranxeiras, deberá incluír a declaración que teñen residencia legal en España, así como de estar ao corrente coas súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Seguridade Social, coa Axencia Tributaria de Galicia e co Concello da Coruña.
d) Documento nacional de identidade (DNI) ou Número de identificación de estranxeiría (NIE) do solicitante, no caso que a presentación da solicitude sexa presencial, ou en caso de representación.
e) Acreditación da representación, no seu caso
f) Solicitude de alta da persoa beneficiaria na base de terceiros do Concello da Coruña, (selada pola entidade bancaria) ou certificado emitido pola entidade bancaria no que conste o número de conta (IBAN) a nome da persoa beneficiaria.
Documentación específica Comunidades propietarios e outras formas xurídicas:
a) Solicitude de axuda económica para a rehabilitación de edificios e vivendas, incluíndo as declaracións responsables do seu representante da entidade, que se atopan debidamente constituídas.
b) Copia do acta ou certificación, emitida pola persoa que exerza as funcións de secretario/a da comunidade, comprensiva do acordo da comunidade de persoas propietarias, co seguinte contido:
c) Solicitude de alta da persoa beneficiaria na base de terceiros do Concello da Coruña, (selada pola entidade bancaria) ou certificado emitido pola entidade bancaria no que conste o número de conta (IBAN) a nome da persoa beneficiaria.
d) Relación de persoas propietarias do edificio, con indicación da súa identidade e a referencia catastral de cada vivenda e local, así como a indicación da cota de participación no inmoble, todo iso para o caso de que as obras se realicen en edificios de tipoloxía residencial colectiva.
e) Xustificación da titularidade do edificio (notas simples rexistrais ou, no seu caso, escrituras de propiedade ou outro título público acreditativo da titularidade, sen que teña esta consideración a documentación que figura en catastro).
f) Anexo coas declaracións responsable de cada persoa propietaria ou beneficiaria sobre o cumprimento dos requisitos para ser beneficiarios das subvencións establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei de subvencións da Xunta e Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, a Resolución de 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para a participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e as presentes bases reguladoras. No caso de persoas estranxeiras, deberá incluír a declaración de que teñen residencia legal en España, así como de estar ao corrente coas súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Seguridade Social, coa Axencia Tributaria de Galicia e co Concello da Coruña.
Documentación técnica común:
a) Proxecto ou memoria técnica, redactada e asinada por persoa técnica/profesional competente, no que se describan as obras para executar e a súa valoración, coa desagregación das partidas, segundo o disposto nos artigos 36, 43 e 51 do Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo. O proxecto ou memoria técnica deberá indicar, así mesmo, os datos fundamentais do edificio: situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre rasante, superficie sobre rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras para realizar. Para aquelas obras que precisen proxecto técnico, o orzamento desagregado por partidas, medicións e prezos unitarios das obras, será o recolleito no devandito documento elaborado con prezos segundo bases oficiais; será o orzamento base para o cálculo da subvención.
b) Orzamento desagregado por partidas, medicións e prezos unitarios das obras para as que se solicita subvención. No caso de que o importe da obra supere 40.000 € (IVE non incluído), terá que achegar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación da obra, e xustificar expresamente nunha memoria técnica a elección cando non se acepte a proposta máis económica, conforme a criterios de eficiencia e economía. Non será necesaria esta memoria cando polas especiais características das obras non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, nin cando as obras iniciáronse con anterioridade á apertura do prazo de presentación da actual convocatoria, o que deberá xustificarse mediante certificación emitida pola súa dirección facultativa ou, en ausencia desta, mediante declaración responsable do promotor.
c) Licenza, comunicación previa e/ou autorizacións necesarias para a execución das obras. En caso que non se dispoña do título habilitante correspondente, deberá achegarse a solicitude do mesmo, así como a solicitude das autorizacións que correspondan. d) No caso de actuacións de eficiencia enerxética, certificado de eficiencia enerxética do edificio existente inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia, e certificado de proxecto emitido por técnico competente.
Documentación en caso de optar á subvención máxima estatal do 75%:
No caso de actuacións subvencionables para a mellora da accesibilidade
a) Certificado de discapacidade da/s persoa/s que resida/n habitualmente na vivenda.
b) Designación da/s persoa/s residente/s no inmoble, que sexa/n maior/es de 65 anos.
No caso de solicitar a subvención máxima estatal do 75% por nivel de renda
a) Declaración do importe da base impoñible xeral e do aforro, reguladas nos artigos 48 e 49 respectivamente, da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, correspondentes aos datos fiscais máis recentes.
b) Copia da última declaración da renda presentada ante a AEAT, en caso de non autorizar a consulta por parte do Concello de cada un dos integrantes da unidade de convivencia.
Documentos relacionados
No caso de que a solicitude se tramitase de maneira presencial (só posible para persoas físicas), deberase presentar obrigatoriamente a Instancia de Solicitude (Modelo 01), Xustificación da titularidade do edificio, Anexo de persoas titulares do inmoble ou beneficiarios (Modelo 02), Documento nacional de identidade (DNI) ou Número de identificación de estranxeiría (NIE) do solicitante, Solicitude de alta da persoa beneficiaria na base de terceiros do Concello da Coruña, Proxecto ou memoria técnica, Orzamento aprobado da obra desagregado por partidas e Licenza ou comunicación previa.
A Declaración responsable e autorización de consulta de datos de persoas integrantes da Comunidade de Propietarios (Modelo 02), a Declaración responsable e consulta de datos da renda (Modelo 03) e a Declaración responsable dos membros da unidade familiar. O Modelo 04 (Xustificación da execución da obra) só se presentará xunto coa solicitude se xa está finalizada a obra nese momento. E finalmente para poder cobrar a subvención será necesario entregar o modelo de solicitude de alta ou modificación de datos en terceiros.
Os suxeitos que non estean obrigados á presentación da solicitude por medios electrónicos, conforme ao artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, deberán presentar a documentación no Rexistro do Concello da Coruña, ou nalgún dos lugares dos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de1 de outubro (ver apartado Onde se fai)
No que caso de que a solicitude se tramitese electronicamente, deberase cubrir a información do formulario web ao que se accede premendo no botón ENVIAR da lapela PRESENTACIÓN. Non será necesario achegar á solicitude os Modelos 01 (Instancia de solicitude) e Modelo 02 (Declaración responsable e autorización de consulta de datos), pois o seu contido xa está recollido no formulario web.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para completar a subvención que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
O prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de 6 meses que se contarán desde o día seguinte a que finalice o prazo para presentar as solicitudes.
Desestimatorio
Corrección
Durante a tramitación interna das peticións poderase solicitar a presentación de documentacion que non fose entregada coa solicitude inicial, e que se deberá achegar utilizando este trámite da Sede ( Corrección axudas Plan estatal de vivenda (Grupo María Pita /Casas de Franco/Casco Vello) )
Recursos
Contra a resolución que se dite, poderase interpoñer:
- Recurso potestativo de reposición
- Recurso contencioso-administrativo
6 de novembro de 2024
Este singular exemplar foi cedido pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias para a súa exhibición na sala Nautilus
4 de novembro de 2024
Para visitar o Aquarium hai que reservar entradas con antelación, así como para asistir ás sesións de Planetario da fin de semana
4 de outubro de 2024
Xa se pode visitar na planta baixa do museo a nova instalación, na que cada día nacerán algo menos dunha decena de crías de galiña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible