Concello da Coruña

Concello da Coruña

CRPFTM

Cambio ou renovación do perfil social na Tarxeta Millennium

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións, Certificados

Materia:

Sector público, Transporte

Vixente:

Si

Xestionar cambios ou renovacións de perfís sociais da Tarxeta Millennium para o transporte público

Existen diferentes perfís:

1.- Perfil Escolar: idade entre 13 e 25 anos. Límite renda. Matriculado. Validez anual. Tarxeta Bus Millennium Escolar

2.- Perfil Pensionista: idade menor de 65 anos. Límite renda. Validez anual.

3.- Perfil Xubilada/o: maior de 65 anos. Límite renda. Validez indefinida. Tarxeta Bus Millennium para persoas xubiladas

4.- Perfil Desempregada/o: idade entre 16 e 65 anos. Polo menos un mes en situación de desemprego. Validez de seis meses. Tarxeta Bus Millennium Desempregados/as

5.- Perfil Diversidade Funcional: Límite renda. Discapacidade ≥33%. Validez de 1 ano. Tarxeta Bus Millennium Diversidade funcional

Existe un Perfil Universitario, que se outorga mediante convocatoria anual da Universidade da Coruña, que posteriormente lle comunica as persoas beneficiarias ao concello (premer aquí para máis información)

Cambio ou renovación de perfil social na Tarxeta Millennium

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas empadroadas no Concello da Coruña como mínimo seis meses antes da solicitude, e que cumpran cos requisitos establecidos para activar o correspondente perfil

Órgano que resolve:

Transportes

Máis información:

Aboamento por recorrencia: vai dirixido a fomentar o uso do autobús urbano e bonificar as persoas usuarias habituais. Consiste en devolver o importe das viaxes a partir dun número determinado segundo o seu perfil. Os aboamentos realizaranse na propia tarxeta no momento de recargala, a partir do día 5 do mes seguinte ao seu uso. Nestes perfís sociais, a partir das 70 viaxes mensuais.

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo

Documentación necesaria:

En todos os casos:

  • Solicitude. Modelo 120:

En función do perfil solicitado, a correspondente declaración responsable:

  • Anexo I: Perfil desemprego
  • Anexo II: Perfil desemprego persoas estranxeiras
  • Anexo III: Perfil pensionista
  • Anexo IV: Perfil xubilación
  • Anexo V: Perfil diversidade funcional
  • Anexo VI: Perfil escolar

Se é o caso:

  • Autorización: autorización de consulta de datos fiscais, se fose o caso.
  • Declaración: Declaración do estado civil

Documentos relacionados

  • mod 120 activación ou renovación de perfl social da Tarxeta Millennium (220 KB)
  • Autorización de consulta de datos AEAT para cambio de perfil da Tarxeta Millennium (447 KB)
  • Declaración xurada do estado civil para cambiar o perfil da Tarxeta Millennium (57 KB)
  • Anexo I Perfil Desemprego (estranxeiros) Declaración responsable (37 KB)
  • Anexo II Perfil Desemprego Declaración responsable (39 KB)
  • Anexo III Perfil Pensionista Declaración responsable (38 KB)
  • Anexo IV Xubilación Declaración responsable (36 KB)
  • Anexo V Perfil Diversidade Funcional Declaración responsable (38 KB)
  • Anexo VI Perfil Escolar Declaración responsable (44 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso específico de solicitude (modelo 120), a declaración responsable correspondente ao perfil solicitado, e achegar a documentación que se sinala no apartado "Documentación necesaria".

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática, se vostede debese presentar máis documentación para achegar á solicitude, deberá ter preparados os ficheiros que necesite segundo se especifica no apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Non procede

E despois?:

Actívase nos caixeiros, unha vez tramitada de conformidade a petición.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión