Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxeta Bus Millennium Desempregados/as

En que consiste?:

Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa

Tarxeta de autobús para desempregadas/os, coa que as súas e os seus beneficiarios obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Solicita a túa tarxeta Millennium a través da Sede Electrónica ou de forma presencial.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

REQUISITOS:

  • Estar empadroado/a no concello da Coruña cunha antigüidade mínima de 6 meses.
  • Estar en situación de desemprego cunha antigüidade mínima de 1 mes desde a última data de alta.
  • Ser maior de 16 anos e menor de 65 anos.

DOCUMENTACIÓN:

  • DNI orixinal
  • Declaración Responsable _ Desemprego cumprir os requisitos
  • Autotización de acceso aos datos dos Servizos Públicos de Emprego e Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  • Para as persoas estranxeiras en situación administrativa irregular que non teñan residencia legal no país: Declaración Responsable _ Desemprego Irregulares cumprir os requisitos e autorizar o concello ao acceso de datos do INSS necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente en portelo ou ser descargado na páxina web do Concello da Coruña).

Requirirá a presenza da/o titular.

Esta tarxeta ten unha validez de seis meses, sempre que o/a solicitante continúe empadroado/a no concello da Coruña e en situación de desemprego. (No caso de variar a condición de desemprego, deberá achegarse ás nosas oficinas municipais para o seu cambio de perfil).

Roubo, perda ou deterioración

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o/a titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por roubo, perda ou extravío

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €. (Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).

En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (É obrigatorio entregar a tarxeta recuperada).

Internet

Teléfono

Máis información:

Normas xerais:

Cada viaxe custa 0,12 €. A expedición da tarxeta é gratuíta. Transbordo gratuíto permitido entre liñas (máximo 45 minutos).

BOP_Tarxeta Millennium Coruña

Documentos relacionados

  • Solicitude de perfil social ou renovación (189 KB)
  • Autorización para solicitar datos da INSS e datos de identidade de persoas físicas (158 KB)
  • Autorización para solicitar datos de la INSS e datos de identidade de persoas físicas (155 KB)
  • Declaración Responsable _ Desemprego (423 KB)
  • Declaración Responsable _ Desemprego Irregulares (414 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión