O Concello da Coruña, ocupa a Vicepresidencia da Rede de Cidades por unha Mobilidade con Baixas Emisións.
Un foro composto por entidades locais, asociacións, empresas e outros colectivos que ten por obxecto identificar e promover solucións e estratexias que reduzan as emisións xeradas pola mobilidade e a seu efecto nos e nas cidadáns
É unha iniciativa xurdida a partir das actividades desenvolvidas en relación coa materia por parte de ITS España e a Asociación de Enxeñeiros de Tráfico e Técnicos de Mobilidade durante o pasado ano cunha ampla participación. A Rede é un instrumento de apoio técnico que ofrece ferramentas para que as cidades acaden os seus obxectivos para unha Mobilidade con Baixas Emisións.
A Organización da Rede:
Como primeira actividade da Rede estanse a preparar unhas Xornadas sobre Dixitalización da xestión da Mobilidade Urbana e o despregamento de Zonas de Baixas Emisións , en Oviedo os próximos 17 e 18 de marzo e paralelamente avanzando no desenvolvemento Rede de Cidades por unha Mobilidade con Baixas Emisións
O Proximo día 13 de Xullo terá lugar unha nova xornada en liña sobre ZBE
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible