Concello da Coruña

Concello da Coruña

Constitución da Mesa da Mobilidade Sustentable

Xaneiro 2020

O 29 de Xaneiro de 2020 celebrouse a reunión constituínte da Mesa Pola Mobilidade Sostible da Coruña.

Presidida polo concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, estiveron representadas 28 entidades públicas e privadas, incluídas varias administracións, ademais das persoas representantes dos grupos políticos da Corporación.

Tras o informe do presidente sobre a orixe, obxectivos e contidos da Mesa, todas as persoas presentes mostraron a súa adhesión aos principios contidos na "Declaración da Coruña por unha Mobilidade máis Sostible" aprobado polo Pleno Municipal do Concello o 3 de outubro de 2019.

Esta declaración proclama que a nosa saúde, o noso medio ambiente e a procura de modos de vida urbana de maior cohesión social son retos que esixen unha aposta clara pola mobilidade sustentable; por tanto, a cidade debe asumir de forma decidida un compromiso activo.

O obxectivo fundamental da Declaración é a implicación de todos os axentes e sectores, públicos e privados, da cidade en favor dunha política de mobilidade sustentable coordinada cun modelo de crecemento urbano que aposte pola compactidade fronte á dispersión. Ambos os conceptos, mobilidade e compactidade urbana xa están postos en relación nos documentos de traballo da Axenda Urbana Española, na que A Coruña asumiu un compromiso avanzado.

O concelleiro de Mobilidade presentou a iniciativa do Goberno Local de reducir a velocidade na cidade a 30 Km/h e así A Coruña converteuse unha das primeiras cidades que mostra o seu interese para pacificar de forma integral o tráfico e sosegar a condución co fin de conseguir unha mobilidade máis segura para todas e todos.

Esta medida consiste en que nas vías de dous ou máis carrís por sentido o límite de velocidade estará limitado a 50 km/h. Nestas vías implantaranse carrís de 30 km/h cando a súa configuración así o permita. Nas vías de plataforma única a limitación de velocidade será de 10 km/h. Na Mesa acordouse por unanimidade iniciar os traballos técnicos necesarios para implantar esa redución de velocidade.

O concelleiro comunicoulles a todos os membros da Mesa a integración da Coruña na Rede de Cidades que Camiñan.

A configuración dos equipos técnicos de traballo foi outro dos temas que se trataron na Mesa. As distintas áreas que integran a Mobilidade Sustentable Segura e Saudable, estudaranse e debaterán en cinco grupos técnicos: Seguridade viaria, Transportes, Xestión da circulación e o estacionamento, Saúde e Medio ambiente, Accesibilidade universal e Humanización.

Así mesmo creáronse comisións técnicas que terán como obxecto de estudo temas concretos como pode ser: Vías ciclables e VMP, Polígonos industriais, Distribución urbana de Mercadorías.

A creación dunha comisión para a actualización normativa da Mobilidade e para impulsar a información e a formación á cidadanía completan os equipos técnicos da Mesa.

Ademais do proxecto Coruña Cidade 30, a regulación dos VMP é unha tarefa prioritaria do Goberno municipal que xa presentou á Mesa un borrador de instrución que será obxecto de debate técnico antes da súa publicación e entrada en vigor.

Documentos relacionados

  • Declaración da Coruña por unha Mobilidade máis Sostible (1 MB)
  • Declaración da Coruña por unha Mobilidade máis Sostible (985 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión