Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taboleiro de anuncios - Taxistas

  • Solicitude licenza taxi (65 KB)
  • Instrucións para obter o permiso (936 KB)
  • Tarifas urbanas 2024 (117 KB)
  • Relación de Aspirantes 2024

Os taxis da Coruña

Paseo Marítimo

Os taxis da Coruña son vehículos de cor branca, con variedade de marcas e modelos. Os distintivos son o escudo da cidade e o número do taxi en ambas as portas dianteiras; no teito exhiben o piloto verde, se están libres, e unha caixiña cos números 1, 2 ou 3 iluminados segundo a tarifa que aplique no momento en que están en servizo.

Hai máis de 40 paradas de taxi distribuídas por todos os barrios da cidade. Tamén pode solicitar un taxi a través do teléfono.

Existe a posibilidade de dispoñer dun eurotaxi, ou taxi adaptado, logo da solicitude previa por teléfono.

As tarifas do servizo de taxi están expostas á vista das persoas usuarias nos máis de 500 vehículos dispoñibles. Unha pequena porcentaxe deles son xa vehículos propulsados tamén por enerxías alternativas (vehículos a gas e híbridos), o que redunda nunha menor contaminación do medio ambiente e un transporte máis sostible. 

Por resolución do Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, autorizouse o acceso dos vehículos do servizo público de taxi ás seguintes rúas peonís de maneira permanente ou temporal:

Coa finalidade exclusiva de recoller e deixar pasaxeiros ou acodes usuarios deste servizo, sen permitir a circulación ordinaria. As rúas e itinerarios autorizados son as seguintes:

Rúa Orzán: tramo final preto da Praza de Pontevedra: o acceso sería polo cruzamento de Orzán coa Rúa Alta, saíndo da Rúa Rexedor Somoza.

Rúa Nova: o acceso realizaríase desde a rúa San Andrés con saída cara ao Cantón Grande, sen permitir o acceso á zona peonil consolidada.

San Andrés: durante os cortes temporais, o acceso realizaríase desde Rúa Hortas e Pórtico de San Andrés, saíndo por Rúa Alta, Rúa Sol ou Rúa Cordonería.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión