Concello da Coruña

Concello da Coruña

Orzamentos Participativos

Proxectos participativos

O Concello da Coruña puxo en marcha desde o ano 2016 o proceso de orzamentos participativos a través da web A Porta Aberta, para a participación da cidadanía na elaboración de propostas para incluír nos orzamentos municipais.

Neste proceso, no que pode participar calquera persoa empadroada no municipio, poden propoñerse investimentos para a cidade e os seus distritos.

Existe unha primeira fase de recollida de propostas e información a través fundamentalmente da web habilitada para iso; unha segunda fase de apoios e avaliación para priorizar as propostas enviadas na fase anterior. Esta fase é moi importante porque serán as propostas máis votadas as que pasen á fase de votación final. Antes desta votación, durante a fase de avaliación, os diferentes servizos do Concello implicados estudan que cada unha das propostas elixidas cumpra os requisitos necesarios: que supoñan un gasto de investimento, que sexan viables tecnicamente, legais, e valoran o custo económico que supoñería levalas a cabo.

Por último, na fase de votación final selecciónanse as propostas para toda a cidade e, ademais, unha ou varias propostas para cada un dos distritos da cidade.

As propostas máis votadas incorporaranse ao proxecto inicial dos orzamentos xerais do Concello da Coruña para o exercicio seguinte.

A Porta Aberta

Procesos participativos

Toda a información dos orzamentos participativos e procesos de participación pódese consultar desde aquí.

Destes procesos participativos levados a cabo nos últimos anos 2016-2019 viron a luz diferentes proxectos, propostos e votados pola cidadanía, que se pretenden acometer durante o ano 2020.

Actuación

Dotación orzamentaria

Instalación de bolardos na rúa Castro de Elviña

6.000,00

Reordenación da rúa San Xosé con ampliación de beirarrúas e supresión de prazas de aparcamento

120.000,00

Pacificación do tráfico na contorna do CEIP de Prácticas e IES Salvador de Madariaga

23.289,00

Reducir a velocidade na rotonda das Paxariñas

15.000,00

Creación da senda ciclista no distrito 6

50.000,00

Adaptación da cidade para persoas con mobilidade reducida

205.000,00

Mellora e creación do carril bici

131.043,00

Carril bici para toda a cidade: Cidade Escolar, Fernández Latorre e outros

250.000,00

Base de BiciCoruña no complexo deportivo de Elviña

53.000,00

Favorecer o uso da bicicleta na cidade

42.350,00

Estación de BiciCoruña na avenida dos Mallos

45.000,00

Estación de BiciCoruña no parque de Eirís

45.000,00

Estación de BiciCoruña en Catro Camiños

53.000,00

Estación de BiciCoruña no parque de Oza

35.000,00

Estación de BiciCoruña para dar servizo a Novo Mesoiro e Pocomaco

35.000,00

Estación de BiciCoruña nos polígonos e barrios da cidade

264.000,00

Creación de parada de bus accesible na Urbanización Breogán

47.042,00

Dotar de parada bus con marquesiña e información no aparcadoiro disuasorio de Lonzas

40.000,00

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión