Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nomeamento do Comisionado para a Mobilidade

Comisionado

A Xunta de Goberno Local aprobou o 28 de Xuño de 2019 as funcións do Comisionado de Mobilidade, que asistirá como secretario da Mesa de Mobilidade Sostible da Coruña.

Ademais deses traballos de apoio á Mesa, o Comisionado que depende da Concellaría de Mobilidade, realizará as seguintes funcións:

  • Informar da actualización do bloque normativo en materia de mobilidade.
  • Informe previo sobre as actuacións en materia de tráfico (peonalizacións, zonas 30, carril bus, carril bici, cambios de sentido).
  • Propoñer ao Concelleiro competente, para o seu estudo e aprobación, actuacións e procedementos en materia de mobilidade.
  • Elaborar as propostas de mobilidade que lle sexan requiridas polos Órganos Municipais Competentes.
  • Fomentar a formación e información á cidadanía para lograr unha mobilidade segura e saudable.
  • Configurar e desenvolver o observatorio da Mobilidade, elaborando os estudos que lle requiran os Órganos Municipais Competentes.
  • Propiciar a utilización das últimas tecnoloxías na mobilidade.
  • Coordinar o apoio policial necesario para a mobilidade.

O Superintendente da Policía Local Antonio F. Alfeirán Rodríguez, asume as funcións de Comisionado para a Mobilidade desde o mes de Decembro de 2019.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión