Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sesión Plenaria 26 de Xaneiro de 2022

O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, presidiu a sesión plenaria da Mesa de Mobilidade

O pasado 26 de Xaneiro celebrouse na Sala Leonardo da Vinci da Domus, a Sesión Plenaria da Mesa pola Mobilidade Sostible, o Concelleiro estaba acompañado na Mesa Presidencial por, Antonio Alfeirán, Comisionado para a Mobilidade e Secretario da Mesa, Natalia Codesal Barral, Xefa do Servizo de Mobilidade e José Manuel Rico, Inspector Principal da Policía Local da Coruña.

Na sesión, Juan Díaz Villoslada, presentou aos vocais asistentes as actividades realizadas durante o ano 2021.

O estudo da evolución e seguridade viaria foi o primeiro dos temas para tratar, os traballos de elaboración do proxecto da nova ordenanza de mobilidade, a convocatoria dos Fondos Next Generatión en materia de mobilidade e os proxectos presentados polo concello para a mesma, foron comentados polo Presidente. Celebración e resultados do II Foro da Mesa de Mobilidade e as actividades desenvolvidas durante a SEM presentáronse aos asistentes. Outro punto deste encontro foi a proposta de actividades a realizar durante este ano.

A sesión nesta ocasión tivo como convidado especial, a través dunha conferencia a, Francesc Cardenas:

  • Xefe de Programación e Planificación da Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona desde a súa fundación en 2000 ata 2020.
  • Licenciado en Ciencias Químicas. Diplomado en Creación de Modelos en Ecoloxía e Medio Ambiente (UPC), e en Tratamento Estatístico de Datos (UB).

Traballou en diversos órganos oficiais do Departamento de Medio Ambiente da Generalitat de Cataluña, dando soporte técnico á redacción de Plans estratéxicos para a xestión do ciclo da auga, a contaminación do aire ou a xestión de residuos. Foi asesor técnico da área de urbanismo do Concello de Barcelona, e coordinador de diferentes proxectos de investigación de ámbito local, estatal e europeo (LIFE, H2020, Interreg, UIA...), centrados na análise ecosistémico da cidade, así como proxectos sectoriais sobre ruído, contaminación atmosférica, ciclo da auga, enerxía, diversidade, mobilidade e urbanismo. E para esta ocasión realizou a presentación de:

"Modelo de mobilidade e Modelo de Cidade".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión