Concello da Coruña

Concello da Coruña

A pé pola Coruña

Torre de Hercules

Antes dicíase que "todo estaba a media hora camiñando". Aínda que A Coruña medrase, e o siga facendo, é sen dúbida unha cidade accesible para as persoas viandantes.

Camiñala, paseala, descubrila polas súas rúas, xardíns, prazas, paseos... é unha opción de gozar e á vez de mobilidade sostible. E sempre ao seu ritmo, sen atoamentos, coa liberdade de ir por onde lle apeteza, pararse e proseguir, variando o camiño unha e mil veces.

As zonas verdes e a contorna costeira da que goza A Coruña ofrecen posibilidades de realizar paseos e camiñadas encadrables dentro da categoría de rutas "cardiosaudables".

O Monte de San Pedro, o Parque de Bens ou a contorna da Torre de Hércules, cos seus quilómetros de camiños e sendeiros e aparellos de exercicios, son tres enclaves que cómpre ter en conta para fortalecer corpo e mente.

Metrominuto

O metrominuto é un mapa ou plano sinóptico que mide as distancias entre varios puntos da cidade e os tempos medios que se tarda desprazándose entre eles. Mais tamén é un elemento que promociona o hábito de camiñar, atendendo a valorizar os desprazamentos a pé, especialmente no medio urbano.

En España promocionouse a través da plataforma Rede de Cidades que Camiñan e a idea copiouse e estendeuse a outros lugares do mundo.

O Servizo Municipal de Mobilidade aposta por unha nova mobilidade, no que o peón é o máximo expoñente que promove a mobilidade a pé.

  • Metrominuto, unha cidade a pé

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión