Concello da Coruña

Concello da Coruña

Premios Bikefriendly impulsados pola Rede de Cidades pola Bicicleta

premios

Os Premios Bikefriendly lévanse a cabo cada dous anos e teñen como obxectivo recoñecer os esforzos das administracións públicas que impulsan proxectos, iniciativas ou accións destinadas a fomentar e facilitar o uso cotián da bicicleta.

Este ano, sete cidades españolas alzáronse gañadoras dos Premios Bikefriendly 2023 nunha gala tivo lugar en Sevilla, no marco do III Encontro da Bicicleta Urbana.

Polo seu proxecto "En bicicleta", o Concello da Coruña gañou o Premio Bikefriendly 2023, na categoria de Aceleración.

Recolleu o premio o Director de Área de Infraestruturas e Mobilidade, Antonio Alfeirán Rodríguez.

CATEGORÍAS DOS PREMIOS BIKEFRIENDLY 2023

1. Liderado e compromiso institucional

2. Infraestrutura ciclista de ámbito urbano

3. Infraestrutura ciclista de ámbito interurbano

4. Infraestrutura de aparcadoiro

5. Educación e promoción

6. Bicieconomía

7. Innovación

8. Aceleración

Bases dos premios BIKEFRIENDLY 2023 impulsados pola Rede de Cidades pola Bicicleta

premio 2021

No marco do II Encontro da Bici Urbana que se desenvolveu en Málaga, tivo lugar o acto da entrega dos Premios Bikefriendly 2021.

A estes 8 premios, impulsados pola Rede de Cidades pola Bicicleta presentaron as súas candidaturas 43 cidades e territorios de toda España.

A Coruña foi premiada co Accésit Innova polo seu compromiso, por aproveitar as obras ou actuacións na modificación do tráfico para a execución e incremento da infraestrutura ciclista.

Recolleu o premio o Comisionado para a Mobilidade, Antonio Alfeirán Rodríguez.

CATEGORÍA DOS PREMIOS BIKEFRIENDLY 2021.

  1. Liderado e compromiso institucional
  2. Infraestrutura Ciclista
  3. Educación e promoción
  4. Bicieconomía
  5. Accésit Innova
  6. Accésit Sprinter
  7. Accésit #30DíasenBici
  8. Accésit En bicicleta ao Traballo

Ademais A Coruña ocupou a segunda posición na categoría de infraestrutura ciclista.

A rede de Cidades pola Bicicleta e Bikefriendly, agradece a participación do concello da Coruña na II Edición dos premios Bikefriendly.

A Concellería de Mobilidade presentou dúas candidaturas aos premios. Unha delas conxuntamente con Mobi-liza na categoría de Educación e Promoción.

E a segunda na categoría de Infraestrutura Ciclista.

Bases dos premios BIKEFRIENDLY 2023 impulsados pola Rede de Cidades pola Bicicleta

  • Premios BikeFriendly impulsados pola Rede de Cidades pola Bicicleta

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión