Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vehículos de Mobilidade Persoal

vmp

Os vehículos de mobilidade persoal (VMP), son vehículos con unha ou máis rodas, dotados dunha única praza e propulsado, exclusivamente, por motores eléctricos que lles poden proporcionar unha velocidade máxima comprendida entre os 6 e os 25 km/h.

Os VMP reducen o uso de coches e a contaminación que estes producen, non xeran emisións, reducen a contaminación acústica da cidade xa que non emiten sons. Son liviáns, manexables e van contigo a calquera parte. Ata o momento aos condutores de Vehículos de Mobilidade Persoal non se lles esixe autorización administrativa nin seguro obrigatorio para circular nin para conducir. A DXT aínda non desenvolveu o certificado de caracteristicas destes vehículos que se contemplan no RD 970/2020 . Os VMP son considerados vehículos para todos os efectos, razón pola que os seus condutores adquiren unha serie de obrigacións igual que o resto de usuarios da vía que se desprazan en coche, en moto, en bicicleta ou a pé.

Na Coruña existe a Asociación Coruñesa de Usuarios de Vehículos de Mobilidade Persoal, unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a mobilidade eléctrica, asesorando ao colectivo e todas aquelas persoas interesadas nun bo uso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión