Concello da Coruña

Concello da Coruña

Fondos Next Generation

A Coruña foi a cidade galega que máis fondos europeos conseguiu durante o mandato da Alcaldesa, Inés Rey .

Tras a declaración pola Organización Mundial da Saúde da pandemia internacional provocada pola COVID-19 o pasado 11 de marzo de 2020 e a rápida propagación desta enfermidade, tanto no ámbito nacional como internacional, os Estados membros da Unión Europea adoptaron con rapidez medidas coordinadas de emerxencia para protexer a saúde da cidadanía e evitar o colapso da economía.

O Consello Europeo do 21 de xullo de 2020, consciente da necesidade neste momento histórico dun esforzo sen precedentes e dunha formulación innovadora que impulsen a converxencia, a resiliencia e a transformación na Unión Europea, acordou un paquete de medidas de grande alcance. Entre as medidas adoptadas, destaca a posta en marcha do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU, e a aprobación do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia.

Neste contexto aprobouse o 7 de outubro de 2020 o marco xeral do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España, que traza a folla de ruta para a modernización da economía española.

Este Plan, en diante PRTR, que aprobou a Comisión Europea o 16 de xuño de 2021 como paso previo á súa aprobación polo Consello da UE, está articulado a partir de catro eixos (transición ecolóxica, cohesión social e territorial, dixitalización e igualdade de xénero), que se materializan en dez políticas panca, que á súa vez integran 30 compoñentes que articulan de forma coherente e complementaria as diferentes iniciativas tractoras prioritarias de reforma estrutural, tanto de tipo regulatorio como de impulso ao investimento, para contribuír a alcanzar os obxectivos xerais do Plan.

Cada compoñente céntrase nun reto ou obxectivo específico e recolle os diferentes Programas e as súas correspondentes liñas de actuación: reformas e investimentos para o reforzo do capital natural, tecnolóxico e humano, para aumentar a produtividade e o crecemento potencial xerador de emprego.

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (en diante «MITMA») lidera 3 dos 30 compoñentes incluídos no Plan de Recuperación e Resiliencia, dous deles relacionados coa mobilidade e o transporte (compoñentes 1 e 6), onde se estruturan os investimentos e axudas ao sector dirixidas ás Comunidades Autónomas, administracións locais e empresas.

Tendo en conta a regulación, os obxectivos, as actuacións financiables na convocatoria, e sobre todo o grao de madurez dos proxectos á vista das datas límite impostas, a Concellaría de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Mobilidade, presenta a participación municipal ao Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano, convocadas mediante a Orde TMA/892/2021.

As actuacións seleccionadas son:

ACTUACIÓN

CLASIF

IMPORTES TOTAIS

IMPORTE SUBVENCIONABLE

Implantación e posta en funcionamento dunha Zona de Baixas Emisións

1

4.006.000,52 €

2.979.669,81 €

Actuacións complementarias a unha Zona de Baixas Emisións de nova implantación

2

2.297.975,07 €

1.709.237,66 €

Plataformas e carrís de priorización para o transporte colectivo

3

1.614.390,74 €

1.200.786,50 €

Plataformas e carrís reservados para bicicletas e/ou vehículos de mobilidade persoal mediante nova construción e novos trazados

4

1.634.136,71 €

1.215.473,59 €

Adecuación de espazos urbanos para a implementación de zonas e itinerarios peonís e mellora da accesibilidade

6

4.058.390,91 €

3.018.637,87 €

Actuacións para calmar o tráfico rodado

7

588.948,87 €

438.061,14 €

Actuacións que melloran a intermodalidade, tanto entre medios de transporte colectivo como con vehículos de última milla

11

519.948,55 €

386.738,59 €

TOTAIS 14.719.791,37 € 10.948.605,15 €

Por Orde Ministerial de data 20 de maio de 2022 ditada pola Secretaría Xeral de Transportes do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, aprobouse a cantidade total de 10.948.605,15 € en concepto da axuda solicitada polo Concello da Coruña para as actuacións seleccionadas.

Tras o cumprimento dos fitos de licitar polo menos o 80 % do importe subvencionable antes do 14 de xuño de 2022 e de adxudicar polo menos o 60 % de dito importe antes do 30 de novembro de 2022, o MITMA ingresou a este Concello o primeiro anticipo da axuda concedida por importe de 7.390.308,48 €.

O goberno municipal está a traballar na execución de todas as actuacións e no cumprimento do resto de fitos do PRTR para conseguir o pagamento do segundo anticipo e a xustificación conforme ás bases da convocatoria, para a satisfacción de todos os proxectos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión